star
TRABALLO
Críticas ao maior papel das mutuas no novo acordo laboral
16/maio/23
A sinatura a nivel estatal dun Acordo para o Emprego e a Negociación Colectiva (AENC) entre os sindicatos UXT e CCOO coa CEOE e Cepyme, por parte da patronal, contempla un maior peso das mutuas colaboradoras da Seguridade Social. Desde a CIG denuncian unha "privatización" do sistema e a dificultade para que se recoñezan as enfermidades profesionais. Para CCOO, malia desconfiar da "conivencia" entre mutuas e empresas, o pacto é "garantista".