Manuel Reboiras

Manuel Reboiras ensina a querela criminal polo asasinato do seu irmán, Moncho Reboiras.  Estivo acompañado da avogada de Ceaqua, Irene Álvarez. (Foto: Nós Diario)
MEMORIA E HISTORIA

A querela polo asasinato de Moncho Reboiras cuestiona a impunidade dos crimes do franquismo

Unha sentenza do Supremo consideraba prescritos crimes como o de Reboiras; porén, recentes resolucións do Consello europeo dos dereitos humanos e da ONU "requiren o Estado español para que os investigue", apunta a avogada de Ceaqua Irene Álvarez.
Manuel Reboiras Noia, irmán de Moncho. (Foto: Nós Diario)
MEMORIA E HISTORIA

Manuel Reboiras: "Co meu irmán, Moncho, aínda non se fixo xustiza"

Manuel Reboiras Noia presentará esta sexta feira unha querela criminal nos Xulgados de Ferrol contra 26 axentes da Policía franquista aos que lles imputa o delito de asasinato en concurso con crime de lesa humanidade do seu irmán, Xosé Ramón, 'Moncho', militante da Unión do Povo Galego (UPG) o 12 de agosto de 1975.
Manuel Reboiras, á esquerda, na actualidade. Á dereita, en 1970, xunto a Moncho Reboiras fronte a casa familiar no barrio de Teis, en Vigo (Fotos: Alberte Mera / Foto cedida por Manuel Reboiras)
MEMORIA E HISTORIA

Manuel Reboiras: "1975 foi moi represivo, quixeron acabar co nacionalismo e os seus dirixentes"

"Era o meu protector, o meu guía". Así lembra Manuel Reboiras o seu irmán Xosé Ramón Reboiras, a quen chamaban Pepe na familia e 'Moncho' ou 'Rianxo' na militancia clandestina. Dirixente da Unión do Povo Galego (UPG), tería na actualidade 71 anos se aquel 12 de agosto de 1975 a policía da ditadura franquista non o asasinase. 
PDC 2020 venres
'Reboiras. Acción e corazón'

Manuel Reboiras: "O filme sobre meu irmán superou as miñas expectativas"