Ex mariños galegos reclaman as pensións a Noruega
As persoas integrantes da plataforma Long Hope concentráronse o sábado 7 de decembro na Coruña, diante do consulado de Noruega para lle reclamaren a este país o pago das súas pensións.
As persoas integrantes da plataforma Long Hope concentráronse o sábado 7 de decembro na Coruña, diante do consulado de Noruega para lle reclamaren a este país o pago das súas pensións.
Por volta de 10.000 mariñeiros galegos que durante décadas (principalmente entre a dos 50 e 80) traballaron embarcados en buques de bandeira e compañías de Noruega. Cotizaron naquel país e pagaron alíi os seus impostos. Porén, Oslo non lles recoñece dereito a pensión ou prestación.
Os ex-mariños de Long Hope achegan probas no xuízo en Noruega da súa exclusión a respecto dos nacionais dese país embora realizar os mesmos traballos e pagar os mesmos impostos. O xuízo ficou visto para sentenza.
As plataformas de emigrantes retornados de Galiza e a Asociación Long Hope manifestaronse esta sexta feira, de mañá, para reclamaren, por unha banda, a igualdade fiscal cos pensionistas non emigrados e, por outra o cobro das pensións dos mariñeiros que traballaron en Noruega que si pagaron impostos, mais que non obtiveron as prestacións por xubilación á que terían direito segundo a lexislación internacional.
Esta é unha frase sacada dunha moción presentada polo grupo Cidadáns no Rexistro do Concello de Ferrol
En sesión ordinaria e por terceira vez consecutiva o claustro da Universidade de Santiago de Compostela rexeitou as contas presentadas pola equipa reitoral. A comunidade educativa exixe a demisión de Juan Casares Long e acúsao de ser "cómplice dos recortes da Xunta".