Fronte Polisario

Pleno do Consello de Dereitos Humanos das Nacións Unidas (Foto: Nicolas Maeterlinck / Europa Press / Contacto).
Agora

Marrocos gaña a votación e presidirá o Consello de Dereitos Humanos da ONU en 2024

Marrocos exercerá a Presidencia do Consello de Dereitos Humanos das Nacións Unidas (ONU) en 2024 tras imporse a Sudáfrica nunha votación secreta por 30 votos a 17. O enviado da Fronte Polisario ante a ONU, Oubi Bucharaya, pedira previamente aos Estados que compoñen a institución que non avalasen unha "forza de ocupación militar" que é, ademais, "o único país do continente que non ratificou a Carta Africana de Dereitos Humanos".
O presidente da República Árabe Saharauí Democrática e líder da Fronte Polisario, Brahim Ghali, nunha viaxe ao Salvador. (Foto: Camilo Freedman / ZUMA Wire / dpa).
INTERNACIONAL

A Fronte Polisario solicita que non se inclúan os territorios saharauís no Mundial de 2030

A antiga colonia española do Sáhara Occidental foi ocupada por Marrocos en 1975 a pesar da resistencia da Fronte Polisario, con quen se mantivo en guerra até 1991, cando ambas as partes asinaron un cesamento do fogo con vistas á organización dun referendo de autodeterminación. Pero as diferenzas sobre a elaboración do censo e a inclusión ou non dos colonos marroquís impediu até o momento a súa convocatoria. Ademais, tras unha acción militar marroquí contra activistas saharauís en Guerguerat, o 14 de novembro de 2020, o Polisario considerou o cesamento do fogo roto.
Brahim Ghali
INTERNACIONAL

Un dron marroquí mata un xefe militar da Fronte Polisario

O líder do Polisario, Brahim Ghali, declara tres días de loito
Un barco de pesca en augas saharauís (Foto: Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación).
Pesca

A CIG denuncia que o acordo de pesca con Marrocos foi "unha fraude" e reclama negociar coa Fronte Polisario

A CIG insta a negociar xa coa Fronte Polisario un novo protocolo que respecte os intereses e a soberanía do pobo saharauí e permita á flota galega regresar a unhas augas nas cales faenou historicamente.
Campamentos de refuxiadas e refuxiados de Tindouf, en Alxeria, no que viven 173.000 saharauís. (Foto: Fronte Polisario)
star
INTERNACIONAL

O Polisario reclama presión internacional contra Marrocos pola espionaxe no Estado español

O representante no Estado español da Fronte Polisario denuncia en conversa con Nós Diario a impunidade de Marrocos pola espionaxe no territorio español, que vén de revelar a Audiencia Nacional e que se tería estendido cando menos desde 2010.