Foi o autor da escenografía do 'Don Hamlet' de Cunqueiro no CDG
O festival de Almada homenaxea ao escenógrafo José Manuel Castanheira
23/xul./22
José Manuel Castanheira é un dos máis recoñecidos escenógrafos do teatro europeo. O Festival de Almada rendeulle unha homenaxe na súa última edición, ocasión que aproveitou Nós Diario para conversar con el sobre a súa experiencia galega, como escenógrafo do Don Hamlet de Cunqueiro en 1991.