Antonio Piñeiro

Obra de Pepe Cáccamo para 'serendos obsolimos'
star
CULTURA

A editorial Bourel brinda todo o que pode conter un libro de poemas

Libros singulares no seu contido, mais tamén na súa manufactura. Feitos un a un, con ilustracións orixinais, elaborados a man. Editorial Bourel cultiva con mimo unha colección na que a poesía se achega á arte e o libro a unha experiencia multisensoria. Pepe (Xosé María) Cáccamo, Ánxel Huete, Eva Veiga ou Baldo Ramos son os cómplices necesarios para esta nova aventura editorial de Antonio Piñeiro.