Opinión

Venezuela: a síndrome do Maine

Imaxina que saísemos todos, en Compostela, con pancartas pedindo Liberdade. A televisión birmana retransmitiría as nosas protestas. Os atónitos birmanos pensarían que se pedimos liberdade é porque non a hai.

Imaxina que saísemos todos, en Compostela, con pancartas pedindo Liberdade. A televisión birmana retransmitiría as nosas protestas. Os atónitos birmanos pensarían que se pedimos liberdade é porque non a hai. Unha xornalista birmana entrevista os manifestantes no Toural, miles da outra opción política que se presenta ás eleccións unha vez tras outra e nunca gaña. Exixen respecto e liberdade, pero o respecto non se exixe senón que se merece e a liberdade exprésase nas urnas, e aínda que no Toural haxa cen mil manifestantes, hai douscentos mil votos nas urnas electorais que tumban as pancartas que piden unha liberdade que xa existe e a proba desa existencia é a presenza continúa e molesta de xente con pancartas pedindo o que xa temos.

"Ninguén dubida hoxe que se poden poñer uns cantos mortos se o «premio» o vale". 

Pero as evidencias cuestionan o demandante de liberdade; por iso precisa mortos, non importa do bando que sexan, que adobíen dramaticamente a súa pretensión para o público birmano ou para o mundo.

Co paso do tempo a historia pon a cada un no seu sitio. Para declarar a guerra a España en 1898 os estadounidenses afundiron un barco seu no porto de La Habana, o Maine, e botáronlles a culpa aos españois, xustificando así a súa participación na guerra.

Ninguén dubida hoxe que se poden poñer uns cantos mortos se o «premio» o vale. 

Comentarios