Opinión

O pé coxo de Anguita

O sábado á noite entrevistaron a Anguita na televisión. Cadro con el na trincheira de Maduro e Fidel. Cadro con respecto á monarquía, aos Estados Unidos, ao PP, ao PSOE, a UGT… pero chega a pregunta de ouro: a independencia de Catalunya e agora si bato contra a crúa e histórica realidade do por que estamos divorciados a xente de esquerda catalá, galega e vasca da xente de esquerda española.

"Asegura a esquerda española que de nada serve mudar a Mariano Rajoy por Artur Mas (ou por Iñigo Urkullu) pois representan o mesmo"

A resposta de Anguita e un tópico, un clásico da esquerda española que, a causa desa resposta, está desaparecida en Catalunya, Galiza ou Euskal Herria. 

Asegura a esquerda española que de nada serve mudar a Mariano Rajoy por Artur Mas (ou por Iñigo Urkullu) pois representan o mesmo. Non é verdade, e a proba témola no propio Anguita e na esquerda española, que malia non coincidir absolutamente en nada coa dereita española (PP e PSOE) no económico, si coinciden na súa visión dos dereitos das nacións sen Estado.

Así, CIU ou PNV coinciden na súa visión económica co PP e co PSOE pero están nas antípodas no relativo ao valor e aos dereitos que teñen os pobos catalán ou vasco coma suxeito de dereito.

"Unha Galiza soberana e republicana tería, lamentabelmente, o seu Feijoo de quenda presidíndoa, pero sería libre doutras ataduras".

Non é de estrañar, xa que logo, que Batasuna fixera a alianza co PNV en Udalbitza, na creación do primeiro organismo soberano de Euskal Herria, e en palabras de Jone Goirizelaia, en relación co seu «compañeiro de viaxe»: Unha vez conseguida a independencia, viría outra batalla distinta”.

Unha Galiza soberana e republicana tería, lamentabelmente, o seu Feijoo de quenda presidíndoa, pero sería libre doutras ataduras.

Nos anos 60 e 70 unha das críticas máis recorrentes dirixidas á República Irlandesa era que, se seguisen pertencendo á Gran Bretaña, terían unha renda máis elevada e un mellor nivel de vida.

Os irlandeses replicaban con senso e corazón e dicían: «si, teriamos maior renda… pero non seriamos libres».

Comentarios