Opinión

«Fiestas de Coruña»

Durante a ditadura fascista de Franco non existiu ningunha lei que prohibise o uso do galego. Non facía falta. A «lei da rúa», a mesta maridaxe entre represión e resignación, entre silenzo e a aldraxe de saberse «inferiores» ante os madrileños fixo que non só determinadas clases sociais non falasen nunca galego, senón que falasen con sotaque madrileño sen ter vivido nin estado nunca en Madrid.

"A vaga españolizadora non vén coa chegada do PP de Negreira ao Concello da Coruña. É  propia dun coruñesismo acomplexado de non estar en Madrid e de querer reinventarse como unha Donostia española".

O voluminoso libro-programa de Festas de María Pita emprega esa lei calada, propia da ditadura fascista e das clases que o apoiaron, da prescrición dunha lingua galega que desentoa coa imaxe de si que teñen algúns grupos minoritarios da Coruña. 

A vaga españolizadora non vén coa chegada do PP de Negreira ao Concello da Coruña. É  propia dun coruñesismo acomplexado de non estar en Madrid e de querer reinventarse como unha Donostia española.

Mentres que en Donostia un progresista Elorza e un alcalde abertzale contaron e contan coa maioría da poboación, na Coruña unha determinada parte da poboación, numerosa máis non maioritaria, engalana os seus maiores complexos e medos, querendo ser unha cousa a medias, algo así como Idi Amín cando aseguraba, co seu kilt ben posto, que era o derradeiro rei de Escocia.

Comentarios