Opinión

Mohammed Alí

Mohammed Alí estivo aí desde que teño uso de razón (aínda lembro meu pai, nos primeiros 70, a se erguer de madrugada para velo pelexar con Frazier ou Foreman), era un grande tipo, un revolucionario dentro e fóra dos rings, muito valeroso, pacifista, anti-chovinista, renunciou ao título mundial por non apoiar a guerra do Vietnam, loitou polos direitos da gente negra, era irónico, dialecticamente muito forte, unha delicia ver algunha das súas entrevistas em Youtube, sabía como ridiculizar o racismo dos que afoutamente chamaba “escravistas brancos”, súa é a frase de que non tiña nada contra os vietcong, que nunca viu nen escoitou a un vietcong chamarlle “nigger”, o apelativo despectivo co que os Wasp -os brancos, anglosaxóns e protestantes- se dirixían -e dirixen- aos negros norteamericanos.

A amizade con Malcom X fíxolle ver o mundo doutra forma. Alí -devoto musulmán, defensor do Islam como relixión de paz, sufista nos últimos anos da súa vida- sempre estivo acarón da xente humilde negra. Sentín ben a súa morte.

Comentarios