Opinión

Un último servizo a Feixoo

Esta terza feira 3 de maio celebrouse o Día Mundial da Liberdade de Prensa, data estabelecida pola ONU en 1993 para recoñecer que a prensa libre, pluralista e independente é un compoñente esencial de calquera sociedade democrática.

Na mesma data, 3 de maio, e asinada dixitalmente por María del Mar Sánchez Sierra, secretaria xeral de Medios, Sermos Galiza recebeu notificación de denegación de axudas a empresas xornalísticas para a edición de xornais impresos en papel. A razón, a mesma argüída o ano pasado e que actualmente está recorrida perante o Tribunal Superior de Xustiza da Galiza: Nós Diario non é un diario porque non se publica todos os días do ano.

A Oficina de Xustificación da Difusión –cuxa certificación é preceptiva para concorrer a estas axudas– considera diario toda publicación que se distribúa catro ou máis días por semana e cinco é a frecuencia que Nós Diario comparte con outros diarios de diferentes ámbitos. Mais non é esa a nai do año, a razón é que Nós Diario é un medio crítico coas políticas antigalegas do ex presidente Feixoo –que por certo nunca concedeu unha entrevista a este medio a pesar das varias peticións–.

Agora, a Secretaría Xeral del dependente autoconcédese un último favor. E o próximo presidente, que pensará disto? Sería bon que o aclarase na sesión de investidura.

Comentarios