Opinión

O Estado autonómico está esgotado

A Constitución española de 1978 (esa mesma que nin vostede nin eu, nin ninguén menor de 53 anos votou, esa mesma que Zapatero, Rubalcaba e Rajoy reformaron en 24 horas para priorizar o pagamento da débeda sobre a sanidade ou a educación) recoñeceu un acceso rápido e privilexiado ao pleno autogoberno para Galicia, Euskadi e Catalunya, únicas para as que o artigo 151 definía cadanseu Parlamento, ao tempo que preparaba unha vía moito máis de vagar e dificultosa para o acceso a un moi limitado autogoberno para o resto dos territorios. Tratábase de resolver o encaixe na España plural das devanditas tres nacións ao tempo que se alicerzaban bases sólidas para políticas de proximidade no resto dos territorios. 

"Esta simetría emuladora chegou ao límite cando Aznar transferiu a xestión da sanidade e da educación mesmo ás autonomías que non querían asumilas".

Mais o xogo do PSOE co referendo andaluz, o “café para todos” do ministro Clavero da UCD e a progresiva igualación competencial tentaron definir unha caste de descentralización máis administrativa ca política e simétrica, que deixaba intactas importantes pulsións recentralizadoras, constantes dende a Lohapa do 1983. España non foi quen de recoñecer que Galicia,por exemplo, tiña de desfrutar do monopolio da execución (o que Fraga chamaba a Administración única), de plena liberdade para regular o seu réxime local, suprimindo se quixer as provincias, dun bó financiamento, de instrumentos de política económica e de plenas competencias en educación, cultura, lingua, portos,  aeroportos e infraestruturas.

"Isto non habería roubarmos azos para pensar nun autogoberno máis amplo para Galicia que sexa,ao tempo, máis eficaz na xeración de benestar"

Esta simetría emuladora chegou ao límite cando Aznar transferiu a xestión da sanidade e da educación mesmo ás autonomías que non querían asumilas. De feito, a ex presidenta madrileña Esperanza Aguirre denunciou hai meses o que era un segredo por todos coñecido, ao considerar que Madrid non tería de desfrutar de competencias nos eidos da educación e da xustiza. Outras comunidades considéranse cativas de máis para xestionar a sanidade.

O Estado autonómico está esgotado. Mais isto non habería roubarmos azos para pensar nun autogoberno máis amplo para Galicia que sexa,ao tempo, máis eficaz na xeración de benestar.
 
Comentarios