Opinión

Reprodución sen criación

A familia patriarcal está pensada para reproducir, repetir e estabelecer dependencia. Nácese nela sen  liberdade para escoller os camiños propios, e da unha sociedade na que non se alenta a criación. Visto que criar é a inclinación principal da muller e do home, estar dentro dun sistema como o patriarcado, que impón a procriación e impide a criación, trae unha grande frustración de fondo e fai que a sociedade esté sempre recuando e que cada paso que dé para adiante vaia sempre seguido de dous para atrás.

A familia patriarcal está pensada para reproducir, repetir e estabelecer dependencia. Nácese nela sen  liberdade para escoller os camiños propios, e da unha sociedade na que non se alenta a criación. Visto que criar é a inclinación principal da muller e do home, estar dentro dun sistema como o patriarcado, que impón a procriación e impide a criación, trae unha grande frustración de fondo e fai que a sociedade esté sempre recuando e que cada paso que dé para adiante vaia sempre seguido de dous para atrás.

"Mulleres e homes nacemos na familia patriarcal coa forte obriga de reproducirnos, reproducir o sistema e salvagardar o status quo"

Mulleres e homes nacemos na familia patriarcal coa forte obriga de reproducirnos, reproducir o sistema e salvagardar o status quo, a orden estabelecida na sociedade. Na familia patriarcal nacemos para encaixar no que xa hai; outra cousa considérase traición e de ¨maus fillos¨ rebeldes e desobedientes.

A transmisión do apelido polo varón e o asentamento da marca masculina da familia é un dos pilares do patriarcado. Outro deses pilares é o mandato de obediencia ás autoridades familiares, que asenta o padrón de submisión ás autoridades de todo tipo e de xerarquía básica entre os que teñen o direito de mandar e os que teñen a obrigación de obedeceren e estaren agradecidos por se lles permitir viver.  Este mandato de obediencia na familia foi imposto polo patriarcado, ainda que o santificaron os que manexaron as relixións e transmitiron versións distorcidas e patriarcais de todas elas.  A proba é que todas as sociedades e todos os países foron e son patriarcais, calqueira que sexa a relixión que predomine e tanto se son relixiosos como laicos.

A intención do preceito xudaico cristiano de ¨honrar pai e nai¨, por exemplo, quedou desvirtuada na versión patriarcal  transmitida polas autoridades eclesiásticas de que significa ¨obedecer aos pais¨. Honrar non ten que nada que ver con obedecer; polo contrario, para honrar á humanidade, que é do que se trata, hai moitas veces que desobedecer as imposicións das autoridades. Obedecer supón pasividade e dependencia, ceder e prestar vasalaxe aos superiores. Honrar é dinámico, exixe escolla e esforzo personal e non depende das autoridades.

"O obxetivo da familia non patriarcal sería alentar a independencia e a criación, cousa case imposíbel de imaxinar de tan metidos que estamos no patriarcado e de tan inserida que temos a idea de dominio e dependencia en todas as relacións"

O obxetivo da familia non patriarcal sería alentar a independencia e a criación, cousa case imposíbel de imaxinar de tan metidos que estamos no patriarcado e de tan inserida que temos a idea de dominio e dependencia en todas as relacións. Para alentar a criación hai que aceitar o cambio continuo na vida e no mundo e ollar para o futuro sen querer ¨dominalo¨. Na familia patriarcal aspírase a mandar no futuro impondo reprodución e repetición do pasado.

O patriarcado, fortísimo na Galiza,  estampou no ¨inconsciente colectivo¨ das galegas e os galegos  que  hai que chegar  a ¨autoridade¨ para satisfacer á familia na que nacemos, e aceitar  dependencia e  obediencia como meio de conseguilo. Asentar a familia non patriarcal que cultivase a independencia rompería esa padrón e axudaría a criar unha Galiza moi distinta da abafada polo patriarcado. 

Comentarios