Opinión

Sensibilización en violencia contra a muller

O sábado once de novembro do 2023 tivo lugar esta nova xornada na Casa da Cultura de Camporrapado en Boqueixón, organizada polo CIM (Centro de Información para a Muller).

Este organismo do Concello de Boqueixón leva cinco anos realizando estas Xornadas cada mes de novembro con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller (25 de novembro).

Este ano o programa foi:

As 17:00 Apertura da Xornada con unha actuación musical e a benvida de Ángeles Conde Leis, Concelleira de Servizos Sociais e Igualdade, a tódalas asistentes.

As 17:15 “A realidade da Violencia de Xénero” presentada por Yolanda Neira Cristobo, psicóloga do CIM. Foi esta a intervención máis importante da Xornada donde interveu coma testemuño Eva María Vigo, víctima de violencia dende nena.

As 17:50 “A realidade da trata con fins de explotación sexual” presentado por Cristina Carbajales Nouriño, directora do CIM. Pasouse o documental “Chicas Nuevas 24H” de Mabel Lozano para ilustrar esta triste realidade.

As 19:00 Pechou a Xornada Ovideo Rodeiro, Alcalde de Boqueixón, agradecendo a participación e convidando aos asistentes para a seguinte Xornada.

Para min a intervención de Eva foi a máis importante da Xornada. Explicou con gran serenidade coma xa tendo menos de seis anos tiña que sufrir a violencia que o seu pai exercía contra a súa nai cade vez que este chegaba a casa borracho. A nai tivo o valor de separarse de él pero iso non a librou de que a seguirá maltratando ata chegar a pegarlle un tiro na barriga polo que ingresou no hospital donde faleceu aos quince días. Máis tarde, de adolescente, un mozo enganouna e violouna deixandoa embarazada. Viuse obligada a casar con él. A violencia perpetuase con Eva, este home malla nela, denigra verbalmente e ameaza con unha escopeta cada vez que se emborracha que é un día si e outro tamén. Déspois de anos de maltrato consigue separarse e emprender unha nova vida xunto a súa filla. Pero arrastra de por vida secuelas psicolóxicas que ten que tratar con fármacos e psicólogos para, como di ela, sanar non curar porque as secuelas de un maltrato non curar xamais.

A testemuña de Eva foi emocionante e non sei como foi quen de explicalo todo sen emocionarse ou chorar. Demostrou ser unha Valente coa súa testemuña que poderá axudar a outras mulleres que estén a pasar polo mesmo calvario.

Actos de este tipo son precisos en tódolos concellos para concienciarnos a todas e todos no tema do maltrato e poñerlle remedio.    

Comentarios