Opinión

Profesionais da cultura piden garantías para a liberdade de expresión e a igualdade

Así titula Nós Diario unha noticia neste xornal. A plataforma “Seguir creando”, onde está a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, alerta de que está en perigo o artigo vinte da Constitución Española onde se trata sobre a liberdade de expresión e creación. Ademais de non contar os escritores cunha boa remuneración que lles permita crear sen apuros económicos queren silencialos polos seus escritos.

A dereita asilvestrada que existe en España ameaza seriamente a profesión e á libre expresión dos nosos pensamentos. Estes días vin un cartel de Vox en Compostela coa foto impresa de Abascal e coa consigna “Seguridad”. A que seguridade se refiren os bravos patriotas españois? Ao control que ten sobre nós o CNI e os servizos de información da Garda Civil e a Policía Nacional? Queren seguir controlándonos, aínda máis, a través dos nosos móbiles e ordenadores.

Como todos sabedes eu no 1992 estiven detido tres días na dirección xeral da Garda Civil en Madrid e posteriormente tiven que declarar perante o xuíz Carlos Bueren na Audiencia Nacional por unha cuestión referida á daquela organización armada independentista catalá Terra Lliure. Aínda que saín sen cargo algún e hoxe o día que ao chamar a compañeiros daquela época de Catalunya ou Euskalerría o teléfono vólvese tolo. É un detalle.

Esta xente que pide “seguridade” o que quere dicir e “control”.

Temos que loitar permanentemente pola nosa liberdade e a de todo o pobo. Non podemos permitir ter unha “policía patriótica” que se dedique a controlarnos e moito menos agora coa nova intelixencia artificial.

Como din as cancións “Hasta siempre comandante”, dedicada ao Che, somos máis fortes que eles; e “Grándola, Vila Morena”, insignia da Revolución dos Caraveis, o pobo e quen máis ordena.  

Comentarios