Opinión

Policia galega

Xa teño falado de este tema noutro periódico en lingua galega no que escribía anteriormente a facelo en Nós Diario.

Na Galiza hai unha policía que marca a lei que ten que ter cincocentos efectivos aínda que na realidade o número de efectivos é moito menor debido a que hai prazas sen cubrir. No Estatuto da Galiza refléxase que temos dereito a unha Policía Autonómica propia, a día de hoxe non existe, temos unidades da Policía Nacional adscritas a Xunta que dependen do Ministerio do Interior aínda que o seu traballo esté o servizo da administración autonómica. 

En Catalunya o 1 de outubro do 2017, cando se fixo o referendo de autodeterminación, había dezasete mil efectivos dos Mossos d´Esquadra.  A Policía Catalá depende únicamente da Generalitat de Catalunya e a galega da Policía Nacional e do Ministerio do Interior. A catalá controla todo o traballo que ten que facer unha auténtica policía, incluido o tráfico e a galega non.

É necesaria a creación de unha Policía Autonómica Galega e que esta vaia asumindo as competencias da Policía Nacional e da Garda Civil, tráfico, policía xudicial, seguridade cidadán, orde pública, policía administrativa.  

Nós é necesaria unha policía propia e de substitución da Garda Civil e da Policía Nacional. Como decía Camilo Nogueira no meu libro“Palabra de Patriotas, “Unha nación que se quere ter coma tal precisa de unha policía propia, que se exprese no idioma propio do país tanto verbalmente coma na escrita”.

No mesmo libro expresaba Paco Rodríguez: “Os corpos policiais canto máis simplificados estén mellor, primeiro por un motivo de eficacia, segundo por un motivo de funcionalidade e terceiro porque no desempeño das funcións fundamentais penso que é compatibel ter un corpo de policía único e despois facer unha diversificación”.

Temos que aspirar coma nación a ter unha policía o máis simplificada posible.   

Comentarios