Opinión

A metamorfose do comunismo na China

Este é o título do libro escrito recentemente por Xulio Ríos.

Xulio Ríos é un dos principais expertos neste país. Así como director do observatorio da política China, presidente de honra do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) que fundou en 1991, asesor da Casa Asia e coordinador da rede iberoamericana de sinoloxía, entre outros moitos cargos.

O autor fai un balance da evolución do territorio máis poboado do planeta e da segunda economía mundial cando está a piques de celebrarse o centenario do Partido Comunista da China.

Xa advirto aos meus lectores que vou a ser un pouco atrevido o falar da China e do Partido Comunista chinés acolléndome ao relato de Xulio Ríos.

Dende o triunfo da revolución no ano 1949 China buscou a modernización que lle permitise deixar atrás séculos de decadencia, subdesenrolo e humillación. Dende entón a historia da China e do partido comunista seguiron unha mesma traxectoria.

O Partido Comunista da China leva dende a súa fundación, 23 de xullo de 1921, tendo o papel de partido único e dirixente, loitando en diferentes etapas polo socialismo na sociedade chinesa dunha forma intrinsecamente nacional.

A súa relación coa Unión Soviética e co PCUS pasaron por diferentes etapas, boas e menos boas.

O Partido Comunista chinés conta na súa teoría e na súa praxe cos intereses dos máis desfavorecidos que veñen sendo os labregos.

O sistema propio chinés para acadar o socialismo está dende hai décadas evolucionando. Senón fora porque aplican en diferentes etapas a ditadura do proletariado e porque non existe outro partido político que lle faga oposición o partido único, poderíamos atrevernos a decir que actualmente na China chegouse en canto a conquistas sociais a  unha fase parecida a socialdemocracia en Occidente.

O goberno chinés está a facer unha praxe guiada pola aplicación de subsidios para os máis desfavorecidos, sanidade pública, inversión do estado na educación... Todos estes temas aplicados en Occidente polos partidos socialdemócratas que a diferencia do Partido Comunista chinés comparten as direccións das súas nacións con partidos burgueses e de dereitas, incluso de extrema dereita coma é o caso de Vox no Estado Español.

Tras a desaparición da Unión Soviética e do PCUS quedan os movementos de liberación nacionais e o experimento chino de acadar o socialismo sin un enfrontamento armado directo.

En próximos artigos profundizarei máis sobre o papel do Partido na sociedade chinesa xa que neste son consciente de que a información é moi superficial.  

Comentarios