Opinión

Mestres que deixan pegada

Un mestre ou mestra é unha persoa que ensina, forma e do que se reciben valiosas ensinanzas. Un bo mestre ou mestra capta as necesidades de cada alumno e é capaz de crear un vínculo con él.

Todos sabemos da cantidade de mestres que foron represaliados polo franquismo. Sempre se lle tivo medo o libre pensamento, ao razoamento, e ao coñecemento de novas ideas e formas de vida. Os bos mestres da república intentaban educar os nenos en todo isto e foi por iso que foron tan perseguidos. As dictaduras teñen unha obsesión por controlalo todo e nese todo inclúese o que se ensina nas aulas.

Independentemente do tipo de alumnos que foramos, todos tivemos a algún mestre que lembraremos toda a vida non tan só polo que nos ensinou senón polos valores que nos inculcou, a paixón que nos transmitíu nas súas clases e a motivación que poñía para que foramos quen de superar o curso. Estes mestres marcaron as nosas vidas e nalgúns casos determinaron o noso futuro.

Eu tamén tiven a sorte de coñecer a un de eses mestres. No meu caso lémbrome de Manuel Barcenas, andaluz que exercía en Barcelona. Fora da Unión de Militares Demócratas (UMD) e fora expulsado do exercito por ese motivo. Foi unha sorte porque así puido adicarse ao ensino. No meu segundo ano de instituto Manuel Barcenas impartía varias materias, humanística, Constitución española de 1978, ética e moral e filosofía.

Como era bo observador decatouse das miñas ideas marxistas e decideu explicarme o marxismo polo miudo. Esixíame moito pois consideraba que se ese era un tema que me interesaba tiña que estudialo a fondo e renderlle contas de notable a sobresalinte nún exame. Tamén me insinou a ler e entender a Constitución e despertou en mín tal interese que dende aquela segue a ser un libro o que vou habitualmente. Profundizábamos noutros temas de interese na época como eran os estatutos de autonomía tanto o de Catalunya como o de Galicia.

El e a súa muller eran amigos persoais de Felipe Gónzalez e Carmen Romero, naqueles anos 80 isto era un motivo de orgullo para eles. O meu orgullo era que me tratara coma a un igual e que puxera tanto interese en ensinarme todo o que él sabía e eu ansiaba aprender, sobre todo a analizar as cousas e ter un pensamento crítico.

Quero que este artigo sexa unha homenaxe a tódolos bos e xenerosos mestres e mestras que pasaron polas nosas vidas e en especial a Manuel Barcenas que sempre o teño no meu pensamento.    

Comentarios