Opinión

Máis da metade dos parados na Galiza acumulan alomenos un ano sen traballar

O paro foi un dos problemas cos que naceu a democracia do Estado español. Lembrade que unha das promesas que lle deu moitos votos ao PSOE de Felipe González foi o compromiso de crear daquela 800.000 postos de traballo.

Os investimentos públicos para axudar economicamente aos parados e a sua duración foron mudando pero nunca conseguiron rematar co problema. Os cursos ou obradoiros de emprego son moi necesarios para reciclar as xentes en habilidades e coñecementos e así voltar a ser competitivos no mercado laboral.

Hoxe, coma antes, hai moita xente moza que xa rematou os seus estudos e non lle é posible atopar un posto de traballo; isto favorece que os rapaces vexan coma unha saída o camiño da emigración, deixando así o país sen mozos e mozas formadas. Hai parellas con fillos donde non traballa ningún dos dous pais e teñen que sobrevivir coa axuda que quere ou pode darlles o Estado.

Penso que na época na que eu fixen unha Formación Profesional (actuais Ciclos Formativos) esta non contaba con talleres modernos e así era esta unha forma de ter a mocidade aparcada para xustificar que estabamos estudando algo.

Hoxe en día cóntanme que os Ciclos Formativos están ben dotados de medios e profesorado, sendo así penso que o camiño da Formación Profesional Dual pode ser a correcta para que as mozas e os mozos galegos poidan integrarse no mercado laboral.

Os estudos superiores non sempre garanten unha oportunidade de traballo. Hoxe por hoxe pode ser máis doado acadar o primeiro emprego con unha boa Formación Profesional e coa multiplicidade de Ciclos Formativos que se ofertan as portas sempre están abertas para mellorar esta formación.

Que a metade dos parados leven máis de un ano sen traballo e que a nosa mocidade non consiga o seu primeiro emprego é un buraco escuro que facilita perpetuar o grande problema que ten Galiza dende hai séculos, a emigración.

Temos que conseguir un pleno emprego que faga prosperar a ciudadanía e ao país.

Comentarios