Opinión

Hamás e Israel

Hamás (en árabe “entusiasmo”, “fervor”), Movemento de Resistencia Islámica.

O primeiro que hai que saber sobre Hamás e Israel é que foi Israel a que axudou a creación e financiación de esta para de este xeito debilitar e dividir o poder da OLP, Organización para a Liberación de Palestina, e de Yasir Arafat. Isto foi o mesmo que fixo EEUU con os talibáns para loitar contra a Unión Soviética, aínda que esta estratexia volvéuselles en contra.

Dende o 2007 o goberno de Hamás en Gaza está sometido a un bloqueo por parte de Israel e Exipto que impide a entrada de alimentos, menciñas, material escolar, axuda humanitaria…

Neste novo conflito denantes de escomezar os bombardeos de mísiles de Hamás a Israel os mandos militares israelís xa estaban sobreaviso de que algo ía a suceder pero deixaron pasar o tempo ata que comezou a guerra.

Israel despreza a autoridade palestina e así criminaliza a Hamás dicindo que con estes terroristas non se pode negociar. Quérese provocar unha extensión do conflito coa invasión total da franxa de Gaza provocando moitas vítimas.

O bombardeo israelí contra un hospital civil en Gaza traspasou a legalidade internacional provocando centos de vítimas inocentes, moitos deles nenos, e deixando a Gaza sen axuda humanitaria, sen medicinas, sen alimentos, sen auga, sen electricidade. Ao sionismo pouco lle importan estas vítimas.

A Comunidade Internacional de Occidente non fai nada cando o sionismo trasgrede as leis do dereito universal. O estado de Israel e o seu presidente Netanyahu gozan de total impunidade ante este xenocidio.

O concepto dúas nacións, dous territorios e Xerusalén coma capital compartida é ben doado de entender pero aínda que a ONU defenda esta postura non está a facer nada contra o sionismo. EEUU e outras potencias mundiais fan alianzas para a guerra, non para a paz.

E coma este é tema de conversas e debates, dicíame un compañeiro que a xeoestratexia mundial de esta volta funciona así porque Rusia ten claramente gañada a guerra contra Ucraína e vai a quedar con eses territorios conquistados e os sionistas pensaron en facer o mesmo cos palestinos.

Se os sionistas entran por terra en Gaza haberá unha masacre contra o pobo palestino. O sionismo quere para os palestinos un xenocidio coma o que lles ocorreu a eles cos nazis.

O mundo desenvolto ten que concienciarse de que este conflito hai que solucionalo diplomaticamente, non con guerras. Aquí as vítimas son o pobo palestino e Netanyahu, representante da dereita nacionalista israelí, non é un home de paz liderando un goberno que poida resolver este conflito.

Comentarios