Opinión

Amnistía

Durante o postfranquismo (1977) promulgouse unha lei de Amnistía que afectou a tódolos presos con delitos e faltas, incluidos os represaliados franquistas e os membros de ETA. Esta lei foi imprescindible para pasar da dictadura a democracia.

Relato dos feitos:

Primeiro de octubre do 2017, cinco  millóns de cataláns foron chamados a votar nun referendo consultivo sobre a independencia.

A consulta foi anulada polo Tribunal Constitucional.

Centos de cidadáns ocupan os centros de votación para asegurarse o poder exercer o dereito o voto. Durante a madrugada do domingo chegan as urnas e papeletas sin que os Mossos d´Escuadra fagan nada por impedilo.

O ministerio do interior moviliza a 6000 axentes, as imaxes das súas intervencións deron a volta o mundo. A pesar da violencia exercida non se logrou impedir a votación. Unha gran maioría dos votantes fixoó a favor do sí a independencia de Catalunya.

O entón presidente da Generalitat, Carles Puigdemont, pechou a xornada anunciando que nos días seguintes sería proclamada a independencia.

O que ocorreu despois de estes días foi o ingreso en prisión de membros das asociacións civis e lideres do independentismo coma Jordi Sánchez Picañol, Jordi Cuixart, Oriol Junqueras, e otros moitos.

Puigdemónt exiliouse a Bruselas no interior do maleteiro dun coche conducido por un Mosso d´Escuadre.

A xudialización do mal chamado “problema catalán” non resolveu o problema, máis ben o enquistou.

Optouse pola vía xudicial porque o gobernó do PP non soupo como resolvelo políticamente. “Se hai un problema político non se pode abordar como se fora un problema xurídico” di Juan

  Antonio Xial exvicepresidente do Constitucional.

Europa non aplaudeu a sentencia contra o independentismo porque reiterou que un problema político non se pode resolver nos Tribunais de Xustiza senón pola vía política.

Agora o independentismo catalán pide unha amnistía para tódolos encausados a cambio do seu apoio ao PSOE e Sumar para poder estes conformar un goberno de progreso.

Estas duas forzas políticas están a negociar para que esta amnistía sexa posible.

O Tribunal Constitucional respalda o encaixe de unha amnistía, o seu expresidente Pascual Sala avala esta amnistía se con elo se busca a convivencia en Catalunya.

Considero eu que a amnistía é imprescindible para facer xustiza e rematar con unha represión que dura dende o 2017. Esta é unha decisión política donde os xuices da dereita, son os oito vogais nombrados polo PP os que están en contra da amnistía, non deberían de ter nada a decir.

A vía política é posible. Escollemos aos nosos políticos para solucionar problemas, para entendernos con os diferentes e chegar a acordos.

Comentarios