mércores 08/12/21

Extraterrestres ou xente que fai país?

O rural ourensán esta salpicado estes días, dunha especie que non sei calificar con exactitude. A primeira vista semellan xubilados de entre 70 e 90 anos, pero analizados en  profundidade, cabe millor pensar que se trata de extraterrestes, esto é, persoas que semellan esa idade, pero que son capaces de coller 4000 ou 5000 kilos de castañas en 15 días, se apenas pestanexar.

Non pode tratarse dos nosos pais ou avós, que incluso no ocaso da súa vida, intentan deixarlle un pouquiño máis resolta a vida os  fillos. Son necesariamente extraterrestres, capaces de con  obstinación e o brío realizar  unha actividade que deixa extenuado a calquera mortal.

Ou pode? Ou será que son eles a clave de que neste país a crise  non xerase ningún tipo de revolta? Será tal vez que eles, que primeiro traballaron sen tregua para proporcionarnos unha vida millor , agora siguen traballando para que non perdamos o nivel de vida que so pudemos acadar grazas o seu esforzo?

Foi positivo para a miña xeración o esforzo que fixeron meus pais? Non será que de tanto inculcarme que merecía unha vida millor cá deles,  desposuironme de calquera sentimento de respeto polo propio, pola cultura, pola terra, e no fondo, por eles, e por aquelo o que dedicaron a súa vida.

Ocórrenseme dúas reflexións o fío deste pensamento.

A virulencia da crise económica non nos afecta dunha maneira dramática, non pola boa xestión da mesma por parte da Xunta, nin pola proliferanción de servizos públicos ó servizo dos máis de 700000 galegos que din as cifras que están en risco de pobreza ou exclusión social.

Non nos afecta, porque temos un colchón familiar que non gasta para que gastemos nós.

A outra reflexión, é ainda máis triste. Foi positivo para a miña xeración o esforzo que fixeron meus pais? Non será que de tanto inculcarme que merecía unha vida millor cá deles,  desposuironme de calquera sentimento de respeto polo propio, pola cultura, pola terra, e no fondo, por eles, e por aquelo o que dedicaron a súa vida.

Cómpre recuperar pois a dignidade dese traballo, e se somos quen de recoller o froito do seu esforzo, deberíamos ter a afouteza de poñernos o seu lado a coller castañas ou recordos, para de forma recíproca aprender dunha vez, a poñer en valor a auténtica forza do noso pais, o noso capital humano.

Extraterrestres ou xente que fai país?
comentarios