Opinión

Misión cumprida en Gaza

Misión cumprida, matamos a 408 cativxs
Misión cumprida, matamos a 214 mulleres.
Misión cumprida, matamos a 1.312 civís.
Misión cumprida, deixamos sen casa a 65.000 habitantes.
 

Misión cumprida, matamos a 408 cativxs
Misión cumprida, matamos a 214 mulleres.
Misión cumprida, matamos a 1.312 civís.
Misión cumprida, deixamos sen casa a 65.000 habitantes.
Misión cumprida, fixemos fuxir a 520.000 persoas.
Misión cumprida, arrasamos unha poboación de 1.800.000 habitantes.
Misión cumprida, todos eran terroristas ou poderían selo.

"Misión cumprida, arrasamos unha poboación de 1.800.000 habitantes".

Misión cumprida, e non nos pasou nada.
Misión cumprida, o imperio norteamericano evitou a nosa condena da ONU.
Misión cumprida, os europeos amigos do imperio abstivéronse.
Misión cumprida, todos eles calaron e ademais  véndennos armas.
Misión cumprida, os medios de comunicación occidentais e articulistas amigos  deixaron claro o noso dereito a defendernos da molestia duns artefactos de traballos manuais dos palestinos que disparan ao chou con resultado efímero, contestando con todo o noso sofisticado material bálico de última xeración con resultado eficaz.   
Misión cumprida, a maioría dos israelis están co seu goberno.  
 Misión cumprida, Abraham, Josué e Josafat tamén. 
Misión cumprida, os que protestan son antisemitas amigos dos nazis e partidarios do holocausto.
Misión cumprida, pasámonos polo forro os dereitos humanos e dos pobos.
Misión cumprida, reímonos dos tribunais internacionais contra xenocidios e parvadas desas.
Misión cumprida, que lle imos facer se somos un pobo feliz  matando, destruíndo e amargándo a vida aos palestinos todo o que podamos ata que comprendan que son os nosos súbditos e non den a lata con iso de que a terra e súa, e de vez en cando algún tolo mate a algún dos nosos. Por certo nesta operación morreron dous civís israelis, aquí vese a barbarie destes árabes.
Misión cumprida, pero volveremos.

Comentarios