Opinión

Eufemismo

Galiza suxeito político de seu . Exercicio de humildade e xenerosidade. Fraternidade. A ética por riba da politica. Unidade popular para decidilo todo. Goberno de progreso. Radicalidade democrática. Creba democrática. Navegar en mar aberto. Rebelión cívica. Leais á cidadanía. Combate frontal contra os poderes. Dereito de autodeterminación. Remuda constitucional. Cidadanía activa. Acordos a prol da rexeneración democrática. Obxectivo estratéxico que galvanice á cidadanía. Proceso constituinte. Formas emerxentes de participación directa da cidadanía. Confluencia rupturista. Rebelión cívica. Exercer a soberanía. Proceso nacional de unidade popular. Defender o dereito á libre decisión dos povos-nacións. Unha candidatura galega apendicular de calquer candidatura estatal non é compatíbel coa necesaria presencia eleitoral do suxeito polìtico galego. En clave de cidadanía do común. Construción creativa dun proceso constituínte democrático. Aposta clara por un suxeito político galego rupturista. Movendo e abrindo marcos. Concentración parcelaria. Espazo de ruptura. Actores comprometidos para que o povo poida actuar en liberdade como verdadeiro soberano. Liderado cidadán. Maneira participada e plural. Alternativa gañadora. Bós e xenerosos.

Humildade e xenerosidade. Altura de miras. Vocación de transversalidade. Horizontalidade. A xente. Un referente. Historia viva. Unidade. Acumulación de forzas. Absoluto respecto e admiración. Lindo. Linda. Ruptura. Producir un país novo. Imos mudalo todo. Sumar vontades. Mensaxe de ilusión e esperanza. Dígoo con cariño.

______________

"Se quere sacarme do medio, que explique por que»

“Se quere ser candidato, que o diga”

"Se alguén, politicamente, se presenta a unhas elección co obxectivo de ter un grupo parlamentario para min é un cretino"

N.B.: Ortografia original.

Comentarios