Opinión

Non, non, non

Imposíbel non berrar non, non, non aos asasinatos en Gaza e ao holocausto palestino polos sionistas de Israel. Son asasinos. Se hai xustiza internacional terán que ser xulgados. Os meniños asasinados nos hospitais por falta de carburante. Televisado como unha película. Un documental coa imaxe dunha crueldade e inhumanidade sen límite. E sen resposta do resto do mundo, salvo a dos heroes e heroínas anónimos, persoal médico, de enfermaría, xornalistas, voluntarios e voluntarias, xentes do común que ven con horror o holocausto dun pobo inocente e desarmado. Imposíbel non berrar non.

Mais, é necesario ollar que no Estado español estamos a vivir unha situación esperpéntica. Os chamados constitucionalistas, defensores da bandeira vermella e amarela, falsean e menten sobre legalidade e lexitimidade. Están a xogar perigosamente coa mentira. Un soberbio Feixoo, o moderado, con descaro, proclámase vencedor das eleccións. Pero o artigo 99.3 di:

"Si el Congreso de los Diputados, por el voto de la mayoría absoluta de sus miembros, otorgare su confianza a dicho candidato, el Rey le nombrará Presidente. De no alcanzarse dicha mayoría, se someterá la misma propuesta a nueva votación cuarenta y ocho horas después de la anterior, y la confianza se entenderá otorgada si obtuviere la mayoría simple".

Non é presidente quen tivo máis votos senón quen é capaz de sumar unha maioría parlamentar. Non é Sánchez, somos todas e todos os demócratas dicindo non a un goberno de dereitas e ultradereitas que cambian as leis para beneficiar as grandes fortunas, frente aos dereitos de igualdade na sanidade, na educación, na asistencia social e frente á corrupción. O PP está pendente nos tribunais de ser sentenciado como partido corrupto, de aí que non queira mudar un Poder Xudicial no que predominan os nomeados por el. Comenzando polo Consello Xeral do Poder Xudicial, caducado hai catro anos e once meses, parte do Tribunal Constitucional e do Tribunal Supremo. A falta de neutralidade de moitos xornalistas e medios de comunicación favorece este engano que afecta á legalidade e lexitimidade.

A legalidade é cumprir co Título IV Del gobierno y de la administración. Nombramiento del Presidente del Gobierno. Artigo 99.3 da Constitución Española. A lexitimidade ven dada por cumprir a legalidade.

Comentarios