Opinión

Leonor, raíña lexítima?

Estamos sometidos a unha insistente campaña sobre as bondades da princesa Leonor. Chegando a afirmar que "non hai problema para a Coroa". Unha vez cumpridos os 18 anos é xa herdeira do seu pai Felipe VI. Pero hai un pequeno detalle. O artigo 57.1 di:
"La sucesión en el trono seguirá el orden regular de primogenitura y representación, siendo preferida siempre la línea anterior a las posteriores; en la misma línea, el grado más próximo al más remoto; en el mismo grado, el varón a la mujer, y en el mismo sexo la persona de más edad a la de menos".

É necesario cambiar a CE, pero o artigo168 di:
"La revisión total o parcial del T. II debe ser aprobada por mayoría de dos tercios de las cámaras, convocar elecciones y ser aprobada por las nuevas Cortes y sometida a referendum para ser ratificada". O T. II, De la corona, foi blindado.

A monarquía foi instaurada por Franco con Juan Carlos I. Non é democrática, pois non foi votadas. Felipe VI por este artigo prevaleceu sobre a súa irmá Elena e sobre seu fillo Frolilán, de 25 anos e neto favorito de Juan Carlos. Cambiando a lei podería exixir con efectos retroactivos o trono. Así cómpre acatar a antinomia da Constitución. Defende a desigualdade home-muller. Vai contra o artigo 14 que defende: "La igualdad ante la ley sin discriminación […] por sexo".
Para seguir, a monarquía non debe implicarse na política. A dereita exixía de Felipe VI que sendo candidato Feixoo, de non conseguir a maioría para gobernar, o rei debería deixar pasar dous meses e convocar novas eleccións. Isto é facer política e custoulle a Alfonso XIII o trono. Sen apoio dos nacionalistas, nin de Sumar, apoiar o PSOE é fundamental. Só coa dereita e ultradereita non se mantén a monarquía. Non é "conveniente" que se apropien dela tamén como fixeron coa bandeira e o himno. Por isto "entronizar a Leonor" é unha operación importante e perigosa.

É necesario poñer remedio á contradición ideolóxica e simbólica da desigualdade xurídica por razón de sexo. Consagrala na Constitución e inmoral e até inconstitucional. Atenta contra o seu carácter exemplificante e non é asumible que non se considere necesario cambiar o artigo 57.1.

A manobra é relexitimar a monarquía cunha candidata muller.

Comentarios