Opinión

A inmigración non é delincuencia

Os grandes sucesos axudan a ver a realidade. A recente traxedia no mar mediterráneo 750 migrantes deles 79 mortos e 106 salvados, nenos e mulleres todos mortos sen  lamentos, procedían de Siria, Afganistán, Paquistán e Exipto enfréntannos ó problema migratorio e de asilo na Europa na que a extrema dereita neofascista está presente e os valores sociais cuestionados. No Estado español o PP firma pactos que asumen a linguaxe e a política práctica anticonstitucional de Vox,  que relaciona sistemáticamente inmigrantes con delincuentes, criminaliza a inmigración, pregonando unha xenofobia activa e difundindo odio. N. Feixoo coa súa ambiguedade está a incorporar a ideoloxía e práctica política da extrema neofascista as institucións, igual que Polonia, Hungría e a Italia de Meloni. Máis lembremos que Galiza e terra de emigrantes, primeiro as Américas, Venezuela, Uruguay, Arxentina, México e despois a Europa. Hoxe continúa a sangría, disfrazada en moita ocasións, como “todos somos europeos”. Mais entre 2009-21, 371.637 persoas, moitas tituladas, e un 38% delas menores de 29 anos emigran buscando mellores condicións de vida.

Contradictoriamente, recibimos inmigrantes para traballos precarios, en condicións laborabeis de explotación en  setores servizos, coidados, mar,agro (X. Ferreiro. Nós Diario). A Europa social perde tal consideración frente a política migratoria e asilo. O novo pacto migratorio acordado polos 27 a semana pasada non logrou cambios sustantivos, na xestión das fronteiras, na solidariedade agora “flexibel”. A corresponsabilidade consiste en acoller 30.000 solicitantes por ano, non acoller múltase con 20,000 E inmigrante non acollido. Porén  negocian as “expulsións rápidas”. <Para uns asilo inmediato ex: Ucrania, para outros espulsións rapidas a terceiros paises sen coñecer a súa situación. Nada para evitar as mortes creando “rutas seguras”, protexidas no mar e para aplicar o Dto de asilo.

Partidos como Vox que criminalizan a inmigración, deshumanizan as persoas que fuxen da inxustiza. Non deixemos que impoñan as súas perigosas ideas e políticas prácticas.

É moi importante desenmascarar ambigüedade táctica que no caso de N. Feixoo naturalizan a Vox.

Comentarios