Opinión

Diante das eleccións

As eleccións na Galiza son relevantes para nòs pola emerxencia na que vivimos. Galiza para o PP de Rueda, continuador de Fraga e Feixoo é un “país de jauja”. Rueda encarna o papel de moderado promete cartos e un futuro a mozos/as, o carné xove beneficia a 160.000 persoas; para vellos/as o carné + 65 para 50.000  como bono universal de servizos, transporte, establecementos e ocio; para retornados, persoal mimado.

O Censo Electoral de Residentes-ausentes que viven no exterior (CERA) é o 17,6% do electorado galego. Dos inscritos un 30% non naceron na Galiza e todos van recibir a documentación para votar sen ter sido solicitada (Nós Diaro, X.F/ X.M.P). Un nicho de votos. Sempre anunciado dende a Xunta de Galiza utilizada como tribuna electoralísta. Ten a colaboración de RTVG e todos os xornais subencionados directamente e coa propaganda da Xunta ,excepto Nós, que debe estar castigado. O PP de eiquí semella ser o salvador da Galiza, aínda que è das comunidades que menos investe en servizos pùblicos, no ensino, na sanidade e nos servizos sociais, 3.072 euros por persoa, 231 por baixo da media estatal (Nós, X.F).

O PP do que Rueda é un obediente servidor é un partido corrupto que ten pendente do tribunais causas tan importantes como “ Gürtel, Púnica, Lezo, Erial e Tandem”. A Gürtel ten catro causas abertas, despois de catorce anos,s na comunidades valenciana, andaluza e Castilla la Mancha. Outra  è a das Caixas B do PP de Madrid e do PP nacional no que están incursos Bárcenas e dirixentes do goberno de Aguirre na Púnica. A causa Kitchen, o espionaxe ilegal para a protección do partido popular e a non implicación de Rajoy. Como  acusado està o exministro Jorge Fernández Díaz e Francisco Martínez. Outra causa mais è o caso dos exministros   Rato e Zaplana por defraudar millóns de euros (El País, J.M. Romero). Con estas causas abertas e finalizada a instrucción por corrupción ,este ano tocaría sentenciar. A ver se o poder xudicial actúa. Daquela non  extraña que reciban como líder a un político que tivo estreita relación con un capo do narcotráfico.

Atención:  Rueda ven como portavoz  continuador na política deste partido e de quen o escolleu  como  o seu sucesor.

Comentarios