Opinión

A dereita ao asalto

Diante do holocausto palestino polos sionistas, diante da impunidade de Israel, protexida polos Estados Unidos, da complicidade da Unión Europea e da inacción "da nación árabe". Diante da provocación de PP e VOX, histéricos e intentando tomar a rúa. Diante dun Alberto Núñez Feixoo exaltado e provocador. Diante da eólica colonizadora. Diante do PP cuestionador dos tribunais, se non van ao seu favor, e modificador das leis a favor dos capitais. Un poder xudicial no que oito de dez vogais conservadores propostos polo PP, caducados dende hai catro anos e 11 meses, atreveuse a ir contra unha futura Lei de amnistía, sen coñecela. É un pronunciamento político non institucional. Hoxe culpa a Puigdemont e Rovira de terroristas.

Na Galiza, o presidente non elixido utiliza a Xunta da Galiza para a súa elección. Usa medios caciquís e fraudulentos. Choven cartos e subvencións: gratuidade para as persoas maiores de 65 anos no autobús interurbano, bono turístico, desconto do 40%. 1,2 millóns de euros a comedores de escolas infantís privadas. Rebaixa a fiscalidade, pon en perigo a sanidade, a educación ou a asistencia social. A realidade é outra.

Nos orzamentos do 2024, a Atención Primaria anota unha rebaixa de 70,2 millóns con respecto á cifra asignada en 2023. No bono de 5.000 euros para axudar a dependencia no fogar non conta o nivel de renda. A Risga é, con Madrid, a máis baixa do Estado, 423,68 euros. O endebedamento público medrou co PP, sumando a colaboración público-privado chega a 13.333 millóns, dos que 9.565, 79,1% do total, é do Estado. O BNG asinou a condonación da débeda na mesma medida que Catalunya. Se nunha sociedade medra o número de habitantes, é sinal de que vai ben. Pero na Galiza a poboación decrece cuantitativamente, emigra a xente nova, a mocidade mais preparada, segundo estudos da universidade. Entre os anos 2009-2021, ao mando Feixoo, emigraron 374.527 persoas, 38% menores de 30 anos; co agravante de que a poboación galega lidera o envellecemento no Estado (Xacobe Ferreiro, Nós Diario). Mentres, Rueda dedícase a regalar axudas. Busca votos entre emigrantes de América e Centro Europa. Ofrece unha "Arcadia feliz" na que promete formación, traballo, axuda económica a cambio do votos.

Os xornais comprados e a CRTVG difunden estas mensaxes do presidente que se opuxo a que a lingua galega fose oficial no Congreso e na UE.

Comentarios