Opinión

“Presuntas irregularidades”

Estamos escoitando nos medios de comunicacion  o asunto das “presuntas irregularidades  nas obras do AVE”.

¡Presuntas irregularidades, disque!

Estamos escoitando nos medios de comunicacion  o asunto das “presuntas irregularidades  nas obras do AVE”.

¡Presuntas irregularidades, disque!

"Nas medicións sempre houbo “presuntas irregularidades”, sendo ministro José Blanco, sendo ministra a  anterior,  e antes o anterior do anterior e despois o seguinte; cun goberno dunha cor e da outra... e así até o principio dos tempos" 

Sabemos casi todos/as que cousa é eso  que se chama movemento de terras: conxunto de actuacións a facer nun terreo para executar unha obra. E dicer, falamos do desmonte ou do terraplén e do transporte a vertedeiro/reutilizacion dos materiais movidos. O movemento de terras previsto nunha obra non é que veña no proxecto, é que constitue o “gordo” de calqueira proxecto. Para calculalo usanse de modo habitual, distintos métodos, o mais frecuente e o dos perfis transversais: representación gráfica de cortes do terreo nos que figura a sua cota real e a proxectada nese ponto e esto feito cada 10 ou 20 metros no caso dunha obra lineal (camiño de ferro, autovia, estrada...). Deixa de verse que sabendo a diferencia de cotas, o ancho da obra e o longo da mesma, non existe a dificultade para calcular os metros cubicos de terra que debe moverse, xa en desmonte xa en terraplén. Non deben  caber,  por tanto “irregularidades”.

Pero as empresas adxudicatarias da construcción dunha obra civil sempre, e digo sempre, repasan os datos dos proxectos, entre outras cousas para replantealos. E ó repasalos pódense correxir, porque pode que haxa algún erro, ou que sexa interesante subir un pouco a cota, ou mudar unhos centímetros o eixe da obra, ou millorar unha pendiente...Mesmo se pode chegar á “modificación de proxecto” do cal xa temos falado con ocasión do plante de Sacyr no canal de Panamá. Só imaxinarnos que mover unha cota 10 centímetros arriba ou abaixo dependendo si é desmonte ou terraplenado -aducindo por exemplo un erro no proxecto-  nun tramo de 10 km supon un aforro aproximado de 20000 metros cúbicos de terra e esto en cartos rondaria os 240000€. A esto podemoslle  engadir a posibilidade de diminuir un casi nada (por caso, 5 centímetros) o espesor da zahorra compactada, ou a trampa dos saneos... Ou a excavación en roca...

Loxicamente a excavación en roca é moito mais cara porque hai que disparar, facer proxectos individuais por tramo, etc. Pero ademais é fácil aumentar esta partida da que as constructoras escapan con subterfuxios como un suave aumento de pendientes (¡si se pode pasar por encima da roca sin tocarlle para que a imos voar!).

Esto págano as subcontratas, porque  si ben é certo que a concesionaria lle pode “colar” esas “medicións” á administración, as subcontratas van cobrar o que primitivamente viña no proxecto ou incluso menos porque pola envergadura da empresa subcontratante non suele poder permitirse técnicos que podan demostrar nada. Así que cobra o marcado no proxecto e gracias.

"As grandes empresas da construcción, as que teñen a adxudicación da maior parte das obras  -sobre todo as de moita entidade como as do AVE-  teñen mais e mellores medios técnicos e humanos que a propia administración".

¡Esto non pode ser así porque as administracións teñen vixiantes! Dirame calqueira de vos con dous dedos de fronte. ¡Pois sí! As administracións non só teñen vixiantes, senon que, ás veces, contratan consultoras para fiscalizar a execución das obras según proxecto, só que as consultoras soen ser propiedade das propias constructoras e os vixiantes de obra.... O mellor que podemos decir é que, as veces, non teñen medios

En resumo, nas medicións sempre houbo “presuntas irregularidades”, sendo ministro José Blanco, sendo ministra a  anterior,  e antes o anterior do anterior e despois o seguinte; cun goberno dunha cor e da outra... e así até o principio dos tempos, pero as grandes empresas da construcción, as que teñen a adxudicación da maior parte das obras  -sobre todo as de moita entidade como as do AVE-  teñen mais e mellores medios técnicos e humanos que a propia administración. E creo que tamén teñen mais poder que a propia administración que, como se demostra ahora co tema este do ADIF, non ten interés en mudar o estado de cousas.

Ou sexa, que esto é unha cousa que sempre soupo todo o mundo pero que os que están arriba calaron porque lles interesaba e ós que estabamos abaixo calamos porque precisabamos o xornal ó remate do mes ademais de que precisabamos traballar o seguinte mes tamén

Comentarios