Opinión

Guiné, unha colonia liberada coa loita do povo

O 24 de setembro de 1973 cúmprese medio século da proclamación unilateral da independencia de Guiné, realizada pola Asemblea Nacional Popular reunida en Boé, no territorio libre da ocupación portuguesa. “O asasinato de Amílcar Cabral coincidiu, intencionadamente con toda probabilidade, co momento de máximo desenvolvemento militar e político do PAIGC. Xusto cando unha Asemblea Nacional tiña sido elixida por votación directa entre os habitantes das zonas liberadas (...) estaba composta por 120 membros, oitenta dos cales foron elixidos directamente entre os candidatos populares e corenta entre os cadros do Partido” (África negra, dominio blanco; Emilio Menéndez del Valle; Ediciones del Espejo; Madrid 1974). En novembro dese, ano a República de Guiné-Bissau foi recoñecida como membro de pleno dereito da ONU (por 93 votos a favor, 7 en contra e 30 abstencións). Despois da Revolución dos Caraveis o 25 da abril de 1974, o 10 de setembro, Portugal recoñecería a independencia de Guiné-Bissau.

Na Guiné comezou a loita armada contra o colonialismo portugués a finais de 1962, e posteriormente estenderíase a Angola e Mozambique no ano 1964. É verdade que houbo alzamentos previos en Angola no ano 1961, mais foron precipitados, carentes da organización necesaria e do adestramento axeitado, polo que serían rapidamente esmagados polas tropas coloniais. Pola contra, en pouco tempo as forzas do PAIGC foron quen de conseguir liberar unha parte moi grande do país, malia que Portugal chegou a ter sobre o terreo entre 35.000 e 40.000 efectivos militares, fronte a uns 10.000 guerrilleiros, nun país que só abrangue 36.000 quilómetros cadrados no continente. Trátase dun territorio chairego, onde a actividade militar era favorábel en principio ás tropas portuguesas, con mellor armamento. Iso di moito a prol da organización revolucionaria, máxime cando Guiné ten unha enorme diversidade étnica, e mesmo relixiosa, xa que un terzo da poboación era musulmá. Aínda que a loita librouse no continente, unha boa parte dos cadros procedían das illas de Cabo Verde; como era o caso do propio Amílcar Cabral.

Que o atraso das colonias portuguesas (e do propio Portugal) era consecuencia dun sistema económico e social exclusivamente ao servizo das clases dominantes, reflectiuse axiña nas zonas liberadas, malia a confrontación militar. Dinos Davidson sobre este aspecto: “No ano 1965-1966 o PAIGC tinha en funcionamento na Guiné 127 escolas primarias com 191 professores recém formados e 13.361 alunos (...) no ano seguinte estes números tinhan aumentado para 159 escolas com 220 professores e um total de 14.386 alunos (...) Durante 1967, cinquenta enfermeiras, assim como vários médicos completaran cursos na Europa, a maioria na União Soviética (...). Nas regiões libertadas o PAIGC instalou entretanto 6 hospitaís de campo e 120 clínicas e tinha em serviço 23 equipes médicas móveis”. (A Libertação da Guiné; Basil Davidson; Livraria Sá da Costa Editora; Lisboa, 1975). Un terzo dos escolarizados eran mulleres.

Estes logros nas zonas liberadas só foron posíbeis porque no terreo militar o PAIGC estaba en ofensiva e garantía un control total nas zonas que controlaba. Isto contribuía a axuda dos países fronteirizos (como Guiné-Conakry e Senegal), había pouco independizados de Francia, e que servían da base segura de adestramento e fornecemento de todo tipo de recursos, tanto para as forzas guerrilleiras como para desenvolver servizos básicos nas zonas liberadas. A situación militar, contra o que era de esperar, foi favorábel ás forzas de Amilcar Cabral en moitas ocasións: “Os combatentes do PAIGC foram submetidos ás mais difíceis provas em Janeiro e Fevereiro de 1964, quando tiveram de enfrentar 3.000 soldados inimigos. Não obstante a superioridade técnico-militar esmagadora, os Portugueses não conseguiram conquistar a ilha de Como estrategicamente importante, que garantia o controlo do sul da Guiné. Depois de sofrer perdas graves (cerca de 900 mortos) as tropas punitivas foram obrigadas a recuar. Esta foi a primeira grande vitória das forças guerrilheiras” (A África de espressão portuguesa: experiência de luta e de desenvolvimento; Nikolai Zotov, Vladislav Malikh; Edições Progresso; Moscovo, 1990).

Por parte de Portugal empregáronse nesta guerra colonial, ademais do exército todos os recursos de que dispuña. “Nas colonias foi criada uma rede de organizações semi-militares que incluíam o Corpo de Defesa Civil (25 mil homens), as tropas de seguranza do Estado (10 mil homens) e as Milicias Africanas (20-30 mil homens). O governador guineense, General Spinola foi particularmente activo neste sentido (...) Spinola organizou destacamentos de elite de “comandos” africanos que, com ataques súbitos de helicóptero, desferiam golpes nos destacamentos guerrilheiros do PAIGC. Surgiram destacamentos privados de mercenarios (“flechas”) dos industriais e latifundiários portugueses. Eles adaptariam os métodos de combate anti-guerrilha, estavan equipados com armamento moderno. Tendo en conta a experiencia dos colonialistas franceses na guerra de Argélia (1954-1962). Dedicava-se grande atenção ao traballo sócio-psicológico entre a população local”. (Zotov e Malikh).

A economía da Guiné estaba en mans da portuguesa Companhia União Fabril (CUF), que controlaba o comercio exterior, así como o Banco Nacional de Ultramar. Por esta razón había sectores en Lisboa que chamaban a esta loita “a guerra da compañía”. Encol deste tema dinos Emilio Menéndez del Valle: A CUF ten varios milleiros de empregados, a súa propia frota mercante, industrias secundarias, etc. Por vía da familia Mello, está ligada a outros intereses privados monopolistas en Portugal, tais como a industria do aceiro (...) e con capitalistas estranxeiros en Gran Bretaña, Alemaña, Francia, etc. (...) non era menos a guerra de moitas outras compañías non portuguesas”. A balanza comercial guineana era deficitaria. No ano 1950 para unha povoación de 510.000 persoas na Guiné había daquela: “2.263 europeos, 11 indianos, 4.568 mestiços e 1.478 africanos “assimilados”. Mais de um terço destes habitantes concentrava-se no município de Bissau, a capital” (O sistema colonial português em África; Armando Castro; Editorial Caminho; Lisboa, 1980). Estes últimos eran 2.180 unha década antes, o que amosa o fracaso das políticas de alienación practicadas polo colonialismo portugués.

En relación coa adscrición política do PAIGC un titular do seu “Manual Político” é ilustrativo: “Por que dizemos que os países socialistas são os nossos aliados naturais na luta que travamos contra os criminosos colonialistas portugueses?” (Manual Político do PAICG; Edições Maria da Fonte; 1974). Basil Davidson completa esta visión sobre unha postura de esquerda nas verbas dos propios protagonistas: “O que os dirigentes do PAIGC dizem, com efeito, é que se meteram pela estrada das mudanças estruturais radicais, de política revolucionária adaptada ao contexto do seu país, porque nenhuma outra lhes abria á frente a não ser uma rendição continuada”. Por último, salientar o papel de Amilcar Cabral no proceso de liberación. Foi o fundador en 1956 do PAIGC, xunto a outros cinco militantes máis. Antes de iniciar a loita de liberación percorreu a Guiné durante dous anos. Dirixente esencial, sería asasinado o 20 de xaneiro de 1973 en Conakry (na República de Guinea), despois de manter unha reunion coa FRELIMO (Fronte de Liberación de Mozambique) coa asistencia de Samora Machel. Luis Cabral, que foi o primeiro presidente da Guiné, declaraba que “o asasinato do seu irmán [Amílcar Cabral] foi organizado pola policía política portuguesa coa axuda de traidores do noso partido” (Menéndez del Valle).

Comentarios