Opinión

Na lembranza de Ana Mª Matute

Agardou pola maxia da noite do San Xoán para despedirse e purificada polo lume, dous días despois foise

Ana Mª Matute , maga da palabra, sempre estivo do outro lado do espello, empregou trucos e artiluxios para manterse neste mundo , todas as veces que o espello quebrou.

Agardou pola maxia da noite do San Xoán para despedirse e purificada polo lume, dous días despois foise.

Ana Mª Matute , maga da palabra, sempre estivo do outro lado do espello, empregou trucos e artiluxios para manterse neste mundo , todas as veces que o espello quebrou.

"Ana Mª Matute , maga da palabra, sempre estivo do outro lado do espello, empregou trucos e artiluxios para manterse neste mundo , todas as veces que o espello quebrou".

Para ela escribir era entrar nun bosque, as follas  das árbores e os paxaros axudaban coas misteriosas sinais a Aranmanoth , o fillo de Orso, na procura do seu destino, na procura dun soño. Olvidado rei Gudú e Aranmanoth paseánnos por un mundo de fantasía e ofrecénnos unha reflexión sobre o ser humano e a súa historia. As árbores do seu mundo non se estorban unhas a outras, como lle pasa aos homes , que como conta en Luciérnagas, non saben convivir e desencadean guerras.

Aínda non sabía ler e cando atopaba unha carta enriba da cómoda da súa nai, xa intentaba copiar garabateando aqueles signos que non comprendía. De nena non tiña nada que ver co mundo que lle rodeaba, gardou sempre unha arrepiante lembranza daquelas momias de Ramsés II, as monxas das Damas Negras, que se mofaban da meniña tatabexa. Lobo estepario , sinte a necesidade de escribir desde moi pronto. Descubre a literatura a través dos contos que lle contaban a cociñeira Isabel e a Tata vasca,Orso tamén escoitaba as historias das criadas a carón do lume.

Ana Mª Matute, unha nena grande, un Peter Pan que se nega a medrar, que é  a infancia eterna e non quere semellarse aos adultos, unha rapariga que quedou nos trece anos, que gardou a inocencia, preguntado de cotío o por qué de todo, como a protagonista de Luciérnagas, (obra prohibida en 1949 e editada en 1993), que descubre que ese nome dun belo  lume é un disfraz doutro que ocultaba unha verba escura, Soledad, como Ana Mª, sinte a soedade da infancia, síntese ben cando a castigan no cuarto escuro, alí descubre o raio azul nun anaco de sucre, aquela escuridade  ábrelle as portas dun mundo encantado. 

"Defendeu a loita pola memoria histórica, reclamando a xustiza cos desastres da represión franquista e a devolución da dignidade á xente desaparecida e perseguida".

Esa nena ve truncado o paraíso da súa vida aos 10 anos, todo muda brutalmente, descubre palabras que non existían na súa vida, medo, fame, morte, guerra. Desde entón o seu medio acomodado se desmorona, cos amigos do seu irmán dscubre un día unha morea de homes mortos, un deles garda na man unha onza de chocolate nun pico de pan. Luciérnagas reflexa estas saídas , un día do 39, na rúa Muntaner , en Barcelona, tropeza cunha chea de documentos queimados e ela os identifica cos anacos de vida que se consumían con eles. Expulsada da illa, do mundo pechado e redondo da infancia, achégase nadando a un continente desolador e devastado por unha orxía de sangue. Desde entón non pode escoitar as tracas das festas , o horror dos bombardeos da guerra incivil ficou marcado nas súas venas .En esta tierra e Los hijos muertos, entre outras das súas obras narran os horrores da guerra e da posguerra.

A autora da triloxía Los Mercaderes insistiu sempre en que a súa xeración é a d@s nen@s asombrad@s pola guerra. Defendeu a loita pola memoria histórica, reclamando a xustiza cos desastres da represión franquista e a devolución da dignidade á xente desaparecida e perseguida.

Muller inconformista, tivo a coraxe de separarse do primeiro marido, (daquela para facer un contrato coas editoriais necesitaba a venia marital), loitou pola custodia do seu fillo,  negaronlle o pasaporte en 1970 para ir recoller un premio a Francia, por asinar un manifesto solidario cos detidos, Ana Mª Matute estivo toda a súa vida ao outro lado do espello e nunca perdeu a súa curiosidade de navigante, a súa ollada de nena abraiada.

Membro da Real Academia Española, autora dunha obra moi ampla,premiada en diferentes ocasións, foi nomeada varias veces para o premio Nobel.

Comentarios