Opinión

Culturaqueune.com

Vai para un ano que o amigo Norberto Cunha, _ profesor, historiador, responsábel do Museu Bernardino Machado, amante da Galiza, ..._, lanzou en Allariz o reto de deseñar actividades que, dende a base, achegasen Galiza e Norte de Portugal para tentar construír de abaixo arriba o que non se pode, ou non se quere, facer de arriba abaixo. Un reto que, sen el saber, coincide co espírito de Lei Valentín Paz-Andrade aprobada polo Parlamento Galego en 11 de marzo de 2014.

 "Lanzou en Allariz o reto de deseñar actividades que, dende a base, achegasen Galiza e Norte de Portugal para tentar construír de abaixo arriba o que non se pode, ou non se quere, facer de arriba abaixo"

E dende hai un ano, diversas asociacións, centros de estudos, museus, particulares fomos deseñando diversas actividades, dende eruditas a animación de base, que permitan encontrarnos e recoñecernos a galegos do norte e do sur. Actividades que buscan a complicidade de quen vexa neste reencontro unha oportunidade para ser alguén nunha Europa que soubo, as veces penso que mellor que nós mesmos, visualizarnos como unha mesma realidade que teima a vivir de costas viradas en vez de camiñar da mao cara o mesmo horizonte.

Entidades e particulares diferentes. Con diferentes ollares e posicionamentos ideolóxicos que souberon aparcar o que afasta para valorizar o que se ten en común e aprender, uns dos outros, a facer, a construír. En definitiva, a construír país. O país o deseñan artistas, pensadores e poetas, que saben tirar da macroeconomía o que ten de xustificación insultante. Pois se a economía é unha realidade fundamental para asentar as bases dun futuro con esperanza, dar espírito a ese corpo é igualmente transcendental.

Falei de pequenas entidades. Cada unha delas un minifundio. Como o país. Mais soubemos coller o legado dos devanceiros e aplicar as axudas para soñar en grande. Esperemos non defraudar a Norberto.

Comentarios