Opinión

Añoranzas de Calvo Sotelo

Dos “Calvo Sotelo” que na política española se significaron, - Leopoldo, Joaquín e José -, semella que os movementos críticos coa política exercida polos “partidos da casta” que asoman pola dereita _ (si, pola dereita, que tamén hai movementos críticos na dereita e no centro: “Vox”, “Libres e Iguales”, “Ciudadanos”, “UPyD”)_ optan polo legado de quen foi deputado polo Carballiño durante a Restauración, ministro de Facenda durante a ditadura de Primo de Rivera, lider da dereita española na II República e “protomartir” durante ese longa noite que foi o franquismo.

"Todos teñen en común ese discurso tan calvosotelista de “Prefiero una España roja a una España rota”.

Certo que todos estes grupos organizados ben en partidos ben en plataformas, socioloxicamente e economicamente non son o mesmo e até defenden posturas diferentes. Mais todos teñen en común ese discurso tan calvosotelista de “Prefiero una España roja a una España rota”.

É recorrente, até a saciedade, escoitarlles falar dos desafíos soberanistas dos denominados nacionalismos periféricos. Vascos, cataláns, - esperemos que pronto os galegos -, son causantes dos maiores males que afectan a España. Mais que a corrupción, a crise, ... Por certo, para eles que se declaran antinacionalistas, a única nación con dereito a ser recoñecida como tal. Calquera interpretación do “sentir o español” que non responda a un concepto xacobino, non é admitido. Calquera recoñecemento, por mínimo que sexa, a un sentimento identitario que non sexa o español, é traizón. E se de idiomas falamos, ... Mellor calar.

E teño pena por eles. Por esa visión tan reducionista, tan pobre de futuro. Xa Laín Entralgo (en nada sospeitoso de antiespañol) reflexionaba sobre esa actitude “anti” vixente en certos sectores, que eu non me atrevo a denominar de nacionalismo español. Non sexa que se ofendan por chamalos nacionalistas, que non españois.

"Neste discurso recentralizador, negador da existencia de todo o que non sexa España, a esquerda española síntese cómoda". 

Neste discurso recentralizador, negador da existencia de todo o que non sexa España, a esquerda española síntese cómoda. Por motivos diversos: por xacobina en esencia ideolóxica, por medo a ser tachada de “rompe patrias”, por rédito electoral, por non comprender que significa ser galego, ser catalán, ser vasco, ser navarro, ser ... 

Mais se a existencia destas “mareas” e partidos organizados na dereita, demostra que o discurso esquerda – dereita non é un discurso morto. Reducir o discurso a dereita – esquerda, obviando que existe un grave problema de configuración do estado é negar parte da problemática que afecta no día a día das persoas. Xa o temos dito, alén de aspectos culturais, identitarios e lingüísticos, o nacionalismo ten que ver coas decisións respecto do uso dos nosos recursos económicos.  

Comentarios