Opinión

É a hora do pobo

O grande reto ao que non enfrontamos a cidadanía da Unión Europea nas eleccións de maio é, en palabras dun vello compañeiro na loita por unha nova política agraria europea, “ocupar e reapropiarnos da Unión Europea hoxe confiscada polas grandes empresas europeas”.

O grande reto ao que non enfrontamos a cidadanía da Unión Europea nas eleccións de maio é, en palabras dun vello compañeiro na loita por unha nova política agraria europea, “ocupar e reapropiarnos da Unión Europea hoxe confiscada polas grandes empresas europeas”.

"Cómpre desaloxar das institucións da Unión Europea aos dous grandes partidos do sistema, o Partido Popular e o Socialista".

Para acadar este obxectivo cómpre desaloxar das institucións da Unión Europea aos dous grandes partidos do sistema, o Partido Popular e o Socialista. Entre ambos ao longo do tempo foron fraguando acordos que, a día de hoxe, tradúcense nun Parlamento Europeo rebaixado de funcións (non ten capacidade para, por exemplo, elixir á Comisión Europea) e unhas institucións con pouca ou ningunha lexitimidade democrática. A Comisión Europea está posta polos partidos maioritarios dos Estados membro e o Banco Central Europeo, fóra totalmente do control da cidadanía.

Ademais, estes grandes partidos converteron as receitas das grandes empresas europeas no ideario neoliberal que rexe todas as políticas da Unión Europea.

Políticas que a día de hoxe constitúen un auténtico fracaso para a inmensa maioría da sociedade, e que maniféstase nun paro insoportábel, na expulsión da xuventude do país, na desaparición de labregas e labregos, na desertización do medio rural, en máis de seiscentas mil persoas en risco de pobreza e exclusión social, na fame, no desmantelamento dos servizos públicos...

Dende a Alternativa Galega de Esquerda (AGE) en Europa, estamos convencidas e convencidos de que é a hora do pobo, que chegou a hora na que os pobos de Europa nos unamos para ocupar dende o pobo e para o pobo as institucións da Unión Europea para cambiar de rumbo as políticas neoliberais, para derrotar o monstro que nos conduce á miseria e á morte.

"Dende a Alternativa Galega de Esquerda (AGE) en Europa, estamos convencidas e convencidos de que é a hora do pobo, que chegou a hora na que os pobos de Europa nos unamos para ocupar dende o pobo e para o pobo as institucións da Unión Europea"

Chegou a hora de ocupar as institucións europeas dende a esquerda para poñer a política e a economía ao servizo da inmensa maioría da sociedade.

O reto é grande, e sabemos que só será  posíbel cando os distintos pobos de Europa xuntemos as nosas forzas,  cando a esquerda rupturista xunte as súas forzas. Esta alianza na nación galega é a Alternativa Galega de Esquerda en Europa.  

Pero cómpre tamén sumar forzas a nivel Europeo.  E, para iso, imos colocar a nación galega nesa gran alianza de toda a esquerda rupturista europea, aportando as nosas propostas, dende o noso pobo,  para construír outra Europa na que se respecte o dereito a decidir dos pobos. Unha Europa dos pobos en paz, unha Europa sen violencia machista. 

É a hora dunha Europa na que todas e todos teñamos garantido o pan, o traballo, o teito, os servizos públicos, a liberdade e a dignidade.

Porque sabemos que a competencia non está entre nós, entre iguais. A competencia son os modelos que fomentan as políticas neoliberais.  As clases populares, as e os de abaixo, a cidadanía agredida dos pobos de Europa, en diferentes linguas, temos os mesmos intereses e expresamos o mesmo sufrimento. 

Por iso pensamos que o máis útil para nós, para a inmensa maioría da sociedade atacada polas políticas do capitalismo que antepoñen os privilexios do capital aos dereitos das persoas, é apoiar esta alianza, apoiando a Alternativa Galega de Esquerda en Europa para que o 25 de maio comece a derrota do capitalismo.

Comentarios