Opinión

Oes Papá Noel

Oes Papá Noel, que eu xa sei que o correcto é que lle escriba ao Apalpador e todo iso, pero é que me andas por todas partes e non o podo evitar, facerche un articuliño. E xa che digo, preferiría non ocuparme de ti, pero teño a caixa de correos chea todos os días de catálogos (a do meu viciño do lado, que non ten fillos -paranoia natalicia- xa llo rebentaron de tantas revistas como lle meteron) de empresas de xogueterías, e ti nas cubertas, en todas, a túa face de tipo ben mantido a base de crema de manís, pavo recheo do Dïa de Accións de Grazas e outras norteamericanadas que, mira ti, levan feito moito dano por aquí.

"Falo do Apalpador e as miñas veciñas e veciños do centro de VIgo consideran que son un independentista medio terrorista, ademais dun atrasado, por defender a necesidade de darlle vixencia ao vello zarrapalleiro"

Así que, oes, Papá Noel, que como sei que andas presente, omnipresente, ultrapresente estes días, e que incluso o meu veciño parado de corenta e pico me parece que anda vestido de ti polas rúas do centro de Vigo botando uns hous, hous, hous, ou como sexa que dis, sen ningún convencimento, a verdade, pero igual es ti o de verdade, vouche dicir catro cousas. Ou cinco.

Por exemplo que por min tampouco pasa nada se non ves. Porque había tempos nos que non estabas. E tampouco pasaba nada. Por exemplo cando eu era pequerrecho. Que nin saías na tele. Non lembro pelis nas que saíse "Santa", como agora te chaman. Sen embargo, agora, nos colexios organízanse visitas de Papá Noel ou Santa Claus ou Santa sen máis e estás por todas partes, na miña caixa de correos, nos colexios, nas teles, nas pelis, pola rúa.  E iso fai dano, meu. E non sei se denunciarte por acoso. E xa sei que ti non tes a culpa, pero é a evidencia da nosa colonización.Porque, oes, mira, falo do Apalpador e as miñas veciñas e veciños do centro de VIgo consideran que son un independentista medio terrorista, ademais dun atrasado, por defender a necesidade de darlle vixencia ao vello zarrapalleiro ese. Mais fálolles de Papá Noel e éche outra cousa: éntranlles gañas de sentar nos teus xeonllos...

"E xa sei que ti non tes a culpa, pero é a evidencia da nosa colonización".

Oes, Papá Noel, sabes que? Outra cousa. Mira. Que non aturo verte na Cabalgata de Reis. Para min é moi importante esa festa. Por moitos motivos. Porque cando era pequeno vivíaa con ilusión (e con medo, eu SI QUE ME TOMABA EN SERIO A POSIBILIDADE DOS CARBÓNS), e por outras cousas que non podo contar aquí por se algún dos que len estas liñas é menor e se lle vai a ilusión por dicir, eu que sei, que unha vez o rei Gaspar da Cabalgata de Vigo dicían que se parecía un mundo a min. Non digo que non. Pero tampouco que si. Ou do revés, xa non sei. Ao que vou, oes, que cando te vexo alí subido, na carroza dalgún centro comercial ou algo, sorrindo e abaneando así a man en plan monarca, éntranme ganas de convencer aos teus renos para que fagan churrasco contigo. Ti xa sabes.

A cultura occidental, oes, está colonizada.

E ti es só un soldado.

Pero chiño, un de destrución masiva.

Comentarios