Opinión

Territorios

[Xoán Costa]

A Constitución de 1978 organizou o Estado en cidades e comunidades autónomas. Nese proceso sempre ficou claro que as competencias son do estado único, que mantén algunhas en exclusiva e “cede” parcialmente outras ás autonomías mais sempre as pode recuperar en virtude de mecanismos previstos na propia constitución tanto pola vía impositiva como pola negociadora. Tomemos de exemplo as probas de acceso á Universidade e as forzas políticas de todo tipo que reclaman unha proba única para todo o Estado, como sucede xa, por exemplo, cos MIR.

O paso do tempo demostrou que o “estado das autonomías” é a mellor fórmula para manter e profundar no estado centralista e centralizador, de xeito que a propia palabra autonomía, que podería inducir a crer que existe certa capacidade de decisión, foi substituída pola palabra territorios e xa se fala abertamente dos diferentes territorios de España e de como existen forzas políticas de ámbito de actuación e de posicións políticas claramente españolas fronte a outras que son “territoriais” co perigo que iso supón para o correcto funcionamento do Estado xa que algunhas desas forzas territoriais non aceptan o modelo autonómico.

Aínda vai ser que, con outras fórmulas lingüísticas mais coa mesma intención política, dereita e esquerda seguen a acreditar na España unidade de destino no universal.

Comentarios