Opinión

Relear

[María Obelleiro]

"Á Galiza apenas chegou nada tras decretarse o estado de alarma (...) Temos necesidades imperiosas de material sanitario de todo tipo, de protección, respiradores, material para UCI e outros de hospitalización, e test”. Isto declaraba Feixoo publicamente hai cinco días. Tamén soubemos entón que tiña “en depósito” medio millón de máscaras. Non sabemos onde, porque o persoal que atende en centros sanitarios e en residencias sociais tuteladas pola Xunta denuncia que non dispón delas.

Tampouco sabemos se o presidente da Xunta ten tamén na recámara respiradores dos que dicía carecer, pois cédelle a Madrid, onde tamén goberna o PP, 11 aparellos de UCI. Entre tanto releo, o Goberno de Sánchez deixou Galiza co menor número de máscaras dispoñíbeis por habitante no seu reparto. Aquí tocan 8 por cada cen persoas. En Ceuta tocan unha por cada dúas persoas. Nin uns nin outros. As cifras e as declaracións cambiantes non precisan de máis comentarios. Non imos ser todas heroínas.

Comentarios