Opinión

Ler é património

[Xoán Costa]

Guimarães, unindo nunha mesma frase a referencia a cidade patrimonio da Humanidade que ostenta desde 2001 coa idea de enriquecemento que supón a leitura, utiliza o slogan Ler é Património como tema do seu Plano Local de Leitura. 

Sen dúbida ler é un patrimonio por permitir acceder ao coñecemento acumulado pola humanidade ao longo dos séculos e por posibilitar explorar diferentes culturas, tempos e realidades, ampliando a nosa comprensión do mundo e a formación dunha sociedade máis crítica e consciente, capaz de reflexionar sobre a realidade circundante.

Neste mes de abril celebramos o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil (día 2 desde 1967) e o Día Mundial do Libro (día 23 desde 1995). Estas conmemoracións deben servir para nos lembrar que ler é un dereito humano fundamental que non está universalmente garantido por falta de recursos e por limitacións de tipo xeográfico, cultural, social ou político.

Ler é un patrimonio desigualmente repartido. No mundo hai uns 800 millóns de persoas analfabetas. Algunhas delas – máis de 50.000, o 1%  homes e o 3% mulleres-  viven na Galiza. Mais esa cifra é enganosa porque na Galiza, ademais da fenda de xénero debemos ter en conta a fenda lingüística e, hoxe por hoxe, non está garantido o dereito a lermos en galego.

Comentarios