Opinión

Demoledor

D e demoledor debe cualificarse o informe de Incomos que rexeita a candidatura da Ribeira Sacra como patrimonio mundial. Encoros, parques eólicos, liñas eléctricas, canteiras a ceo aberto, lumes forestais, repoboacións con especies alóctonas, abandono da agricultura por unha demografía regresiva significan alteracións da paisaxe cultural histórica inaceptábeis para este organismo internacional independente.

Pero para alén dunha decisión para un lugar e momento concretos, o informe pon o dedo na chaga dunha problemática moito máis fonda. Ninguén pode dubidar dos inmensos valores patrimoniais que atesoura Galiza, froito dunha longa historia, pero tampouco se pode negar a degradación galopante do territorio ou o abandono e desvalorización do patrimonio. A Xunta debera reflectir sobre esta emenda á totalidade ao seu modelo turístico, vítima a fin de contas do papel que lle asigna ao país, o de ser escenario da rapina allea e dunha explotación insustentábel do territorio.

Comentarios