Opinión

Tarde piastes

A Feijóo o tropo do galego vacilante e inescrutable, persoa da que non te podes fiar, nunca lle preocupou. El é un español "libre e igual". Identidade abstracta. Porén, todo ese background de sospeita cultural paira sobre a súa cabeza desde que confesou á prensa que baralla o indulto a Puigdemont. A Rueda tamén nunca lle preocupou baleirar as institucións do autogoberno.

Tal é así, que, por primeira vez, renunciou a dar un perfil propio á campaña do PPdeG para transformala nun sucedáneo da política madrileña. É probable que ambos os dous estean arrepentidos. O primeiro, porque en Madrid nunca será máis ca un mozo gayego, o segundo, porque nestas horas viríalle ben que a "illa de estabilidade" non estivese só na mente dos seus spin doctors. Entrementres, o CIS insiste en que Galiza pode ter a súa primeira presidenta nacionalista. Esta semana vai ser longa para o PP.

Comentarios