Opinión

Punto de inflexión

O debate televisado do luns marcou un antes e un despois na campaña electoral galega por un motivo con consecuencias dispares: Feixoo perdeu a aura de infalibilidade creada polos medios que controla a base de subvención, a esquerda saíu reforzada ante esta evidencia e a extrema dereita atopou unha físgoa pola que asomar o fociño.

A campaña bascula agora entre a posibilidade verosímil dun Goberno diferente ao de Feixoo, por unha banda, ou dun Goberno do PP no que o factor fascista xogase algún papel.

Na alternativa, Ana Pontón aparece como a líder emerxente capaz de apelar á concentración de voto para evitar a dilapidación de escanos. Todo apunta a que Galiza deberá escoller, este 12-X, entre dous camiños moi diferentes.

A mobilización da xente que non quere que repita Feixoo, menos aínda se o fai grazas a Vox, pode torcer a balanza. 

Comentarios