Opinión

Galiza ou Feijóo?

A negativa por parte de Junts de aprobar a Lei de amnistía no Congreso dos Deputados dá un balón de osíxeno a Rueda para regresar ao marco inicial da campaña do PP: Galiza non é nada de seu, apenas un chanzo do empedrado camiño de Feijóo á Moncloa. 

Mais aínda fica moito tempo de campaña e a lei deberá volver á Comisión de Xustiza, onde hai prazo dun mes para redactar outro texto. Se a aprobación da lei queda para despois das galegas, Rueda vai ter que facer bastantes malabarismos para evitar que a axenda galega se impoña.

A atención do PSdeG á cuestión da mobilidade (mágoa que os seus alcaldes non tivesen a conexión con Portugal como un asunto prioritario ata este momento) e a dedicación do BNG ás carencias do sistema sanitario galego, un dos problemas que o CIS resaltou como prioritario para a cidadanía, van na boa liña.

Comentarios