Opinión

Un funeral televisado

Rueda declinou outros debates e centrouse en preparar ben as condicións do que se celebrou este luns na TVG. Pódese dicir que Rueda se esmerou en organizar un funeral sen saber que era o seu. O aspecto gris e eslamiado que daba en pantalla indicaba que tamén el desexaba ser tragado pola terra. A dirección, maioría de comentaristas e presentadores da CRTVG teñen o sentido da deontoloxía dunha ameba, o que contribuíu a que o clima antes, durante e despois do debate fose un despropósito no que ten que ver cun mínimo de neutralidade democrática. Pero tampouco isto bastou: o nivel da oratoria de Rueda foi tan baixo que ao seu lado Feijóo semella Cicerón. 

Tamén a tentativa de fixar o marco "barullo" fracasou no debate do luns. Ana Pontón brillou con luz propia e deixou claro que a política galega vai da escolla entre dous grandes modelos: o do PP e o do BNG.

Comentarios