Opinión

Mareas de retos

Cando en 2011 o 15M emprega como lema iso de “Imos despacio porque imos lonxe” xa auguraba que as súas movilizacións non rematarían coa toma das prazas. Máis aínda mentres as tres causas que o levaron até aquela toma do espazo público (desconfianza nos partidos políticos, desconfianza cara o sistema (non convirtamos a palabra democracia nun eufemismo) e empeoramento das condicións socio-económicas das maiorías sociais) continuaran vixentes. 

 

Cando en 2011 o 15M emprega como lema iso de “Imos despacio porque imos lonxe” xa auguraba que as súas movilizacións non rematarían coa toma das prazas. Máis aínda mentres as tres causas que o levaron até aquela toma do espazo público (desconfianza nos partidos políticos, desconfianza cara o sistema (non convirtamos a palabra democracia nun eufemismo) e empeoramento das condicións socio-económicas das maiorías sociais) continuaran vixentes. 

"Ademáis de contra estas cousas, o 15M apresentouse como unha emenda á totalidade, unha emenda tamén contra o xeito co que se practicaba a política".

Ademáis de contra estas cousas, o 15M apresentouse como unha emenda á totalidade, unha emenda tamén contra o xeito co que se practicaba a política. E unha última, esa nova práctica non sería de institucionalización fácil, senón máis ben unha sorte de programa de mínimos intermitente que podería ir tomando a forma que o tempo pedira, pero sempre sen esquecer a orixe.

Desde aquel momento varias cousas se viviron, a propia quebra da malchamada normalidade, escenificada na toma de prazas, ou a tentativa de conquista do sentido común. Identificada esta última coa cristalización en axenda pública de numerosas demandas que, por outra parte, xa se viñan traballando desde a base. 

Se cadra as máis notorias serían a extensión dos bancos de alimentos, das iniciativas contra os despexos ou as mobilizacións contra o desartellamento e/ou privatización dos servizos públicos conquistados (nunca gostei diso de “consagrados en”).

Aos dous fenómenos até agora mencionados, que basculan entre ser parte dun continuo e ser síntomas da descomposición dun réxime, afrontan agora unha nova fase: a da toma dos Concellos.

"Como unha máis das frentes na retoma da democracia, pero sempre como unha máis, debe ser interpretada a proliferación de iniciativas municipalistas en diversos lugares".

E así, como unha máis das frentes na retoma da democracia, pero sempre como unha máis, debe ser interpretada a proliferación de iniciativas municipalistas en diversos lugares.

Cómpre pois, explicar a superación da contradicción representativa por parte de quen antes escollera vivir en paralelo a ela e os novos retos que agora se apresentan.

Sobre o primeiro, as intensas movilizacións dos últimos anos deixaron ao sistema nun punto de non-retorno e só cabe continuar avanzando,  existindo ademáis unha demanda social para que así sexa, para que se perda ese medo de forma definitiva como camiño a un reparto máis xusto do poder.

En canto aos retos, existen tres que parecen moi salientábeis: A primeira, comprender que os movimentos sociais e a movilización cidadá son elemento fundamental dunha democracia, e por iso non se debería  recaer no erro da auto-cooptación. Ou o que é o mesmo, restar cuadros aos movimentos sociais, e cooptar as súas demandas, pode ser un erro fatal que os descabezaría e debilitaría a un dos axentes que nos trouxeron á ilusionante situación actual.

"Ser conscientes de que a ilusión por si mesma non posúe potencial transformador, pero a desilusión si".

A segunda, ser capaces de bascular entre os conceptos candidatura cidadá e frente amplo. A necesidade de confluencia que piden os tempos non debe ser interpretada como unha chamada á constitución de frentes de esquerdas. Confluencia hoxe significa que no centro da acción política entre un novo axente: a cidadanía.

Por último, ser conscientes de que a ilusión por si mesma non posúe potencial transformador, pero a desilusión si. Ser capaces de mantela significa ser capaces de manter a pulsión democratizadora e avanzar na batalla das ideas, o contrario é, como se dicía en 2011, deixar que fagan a política por nós. E tamén, nunca esquecer o comezo do texto, o 15M mudou as normas: non existe unha institucionalidade radical sen horizontalidade, non existe democracia sen equidade, non existe unha nova representación non guiada pola transparencia.

Con isto sobre a mesa claro está: nós tamén estamos nun punto de non-retorno.

Comentarios