Opinión

Vivir aquí

A vida en Galicia é o tema estrela da publicidade institucional (e privada) dos últimos tempos. Pode parecer que a Xunta, coa súa ración dobre de Xacobeo, presume do país como lugar para vivir, pero a imaxe que proxecta é a dun destino para visitar. Non tería nada de malo se, ao tempo que medran as visitas, vivir, no sentido de ter unha vivenda digna, non fose cada vez máis difícil.

Non son Madrid nin Barcelona, senón as cidades galegas, onde máis aumentaron nos últimos anos os custos dos alugueiros. Tamén aquí, de maneira xeneralizada, escasean os inmobles en venda e proliferan os vacacionais.

Ante o problema, hai unanimidade nas propostas das formacións da esquerda á hora de apostar pola vivenda pública. BNG, PSdeG e Sumar Galicia levan a iniciativa baixo o brazo. O PP, pola contra, non pinta disposto a mudar esa política que mira cara a fóra.

Comentarios