Opinión

Engurras

Aidea de que a candidata mellor valorada nas eleccións galegas ía ser a máis atacada polo resto non entrañaba ningún tipo de dúbida. Tampouco que a envoltura dos ataques, sendo unha muller coa posibilidade real de converterse en presidenta, estaría impregnada de machismo.

Unha vez materializado o embate, non causa tampouco sorpresa que o cartel electoral de Ana Pontón ao que se lle atribúe un exceso de retoques fora comparado con aquel de Fraga con 82 anos e cute de bebé. 

O que si resulta abraiante no seo do PSOE máis declaradamente feminista da historia é que o candidato máis entusiasta contra a imaxe de Pontón fora precisamente o dos socialistas galegos. O xesto de Besteiro, que o máximo ao que pode aspirar nestes comicios é a ser vicepresidente da Xunta, devolveulle engurras a un socialismo que criamos para sempre rexuvenecido.
 

Comentarios