Opinión

Espectáculo da incompetencia

No debate da CRTVG descubrimos un Alfonso Rueda abraiantemente incapaz. Todo un achado, xa que era a primeira vez –e con toda probabilidade a única–  que o viamos responder ante toda a esquerda. Aínda que responder quizais sexa moito dicir.

Aos reproches de Pontón, Besteiro, Lois e Faraldo sobre a súa xestión da economía, a sanidade ou a lingua, Rueda retrucou con Catalunya, ETA e o monolingüismo de fantasía marca Galicia Bilingüe. Ou mandando ler o programa do Bloque. 

Ou dicindo que non o voten. Ou silencio.

Máis do que pode doer outra maioría absoluta do PP de Galicia, proe pensar nunha maioría deste candidato que, agora o entendemos, foxe dos debates porque non sabe estar neles. Tras os chíos e os memes, a realidade son esas 150.000 persoas de audiencia, menos do 6% da poboación galega, que asistiron ao espectáculo da incompetencia.
 

Comentarios