Opinión

Tanto ruído

Tres eran tres. Para tanto ruído. No primeiro debate electoral, celebrado na Ser, non estivo presente Rueda, que non quixo satisfacer ese dereito da cidadanía. Estivo no seu lugar o portavoz parlamentario do PP, Pazos Couñago, que non é candidato, pero chámase Alberto, quen sabe se para despistar. E só con tres, sen máis formacións con opción a escano, abundaron a interrupción, o berro e as intervencións ao mesmo tempo.

Ana Pontón foi continuamente atropelada polas discusións acaloradas de Couñago e Gómez Besteiro. O popular, que optou por dirixirse unicamente ao candidato socialista, non atopou devasa en Besteiro, que seguiu a dinámica de dous. A nacionalista pediu paso e acabou tamén alzando a voz, como tantas facemos para que nos escoiten. E así, nunha tendencia bronca que está a extinguir o debate, as propostas afogaron entre tanto ruído.

Comentarios