Opinión

Saber amar

Omellor das campañas son os xiros inesperados. Rueda comezou a súa subido a un autobús e deseguido tivo que aparcalo para pór os pés na area ateigada de pellets. 
Dito doutro xeito: cando todo ía sobre rodas, houbo que baixar e mollar os pés. Porque non todo ía ser festa.

Entre as protestas das xentes do mar, a manifestación en Santiago e as críticas de todos os partidos, os “Galicia non para” do PP de Galicia comezaron a mesturarse hai uns días cos “Galicia sabe amar”, un xogo de palabras que os populares recuperan estratexicamente daquela campaña –institucional– na que a Xunta fomentaba o consumo de peixes, mariscos e outros produtos. Pero o certo é que amar o mar é unha operación complicada, especialmente cando del depende a vida. O mar, como o verdadeiro amor, pouco ou nada ten que ver co márketing. Pregunten a quen o traballa.

Comentarios